Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

19/02/22 | 12:52

A Xunta salienta o traballo das redeiras galegas e aposta por "un esforzo activo" para darlles máis visibilidade e mellorar as súas condicións laborais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, participaron hoxe na asemblea da Federación galega de redeiras artesás O Peirao

18/02/22 | 16:50 | C. de Sanidade
18/02/22 | 13:52

As axudas da Xunta para apoiar a pemes e autónomos no impulso da igualdade laboral, a conciliación e a RSE poden solicitarse ata o próximo 4 de marzo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe nun webinario organizado pola Asociación de Empresarios de Ferrolterra no que informou sobre este programa no que o Goberno galego inviste 1,4 millóns de euros

17/02/22 | 13:45

A Xunta destaca en Celanova o papel das mesas locais contra a violencia de xénero para garantir a eficacia dos recursos destinados ás vítimas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terra de Celanova

15/02/22 | 11:41

A cooperación entre Xunta e ACCEM permite atender a 65 mulleres vítimas de trata durante a pandemia na Coruña, Vigo, Tui, Lugo e O Carballiño

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avaliou co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, as iniciativas que desenvolve o colectivo co apoio da administración autonómica

11/02/22 | 19:15

A Xunta destaca en Burela que a igualdade entre mulleres e homes impulsa o talento e a creatividade e avoga pola equidade fronte á fenda de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na localidade lucense no II Encontro de Mulleres Profesionais da Mariña, onde fixo referencia á celebración hoxe do Día internacional da muller e da nena na ciencia

11/02/22 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor destaca no Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia a importancia da concienciación no eido escolar para fomentar as vocacións científicas entre as alumnas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o CPI Armando Cotarelo Valledor beneficiario dunha orde de axudas da Consellería de Emprego e Igualdade para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres

11/02/22 | 12:48

Lorenzana: "A Xunta está a traballar para que as mulleres lideren o coñecemento e a investigación"

No día internacional da muller e da nena na ciencia, a conselleira de Emprego e Igualdade presidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia ante o que referendou o compromiso da Xunta coa igualdade neste ámbito

10/02/22 | 15:11

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Santa Águeda atendeu en 2021 a 35 vítimas de violencia de xénero e 350 consultas de asesoramento

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Vilamarín na mesa redonda As vítimas de violencia de xénero sen esquecer a educación, organizada polo CIM da mancomunidade