Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Emerxencias:

27/08/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O novo GES de Maceda xa está operativo tras rematar o proceso de selección dos seus efectivos

Os 12 integrantes do GES xa remataron a súa formación na AGASP, polo que o grupo poderá comezar a funcionar para atender as incidencias dos concellos de Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía

27/08/21 | 14:00 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia lembra a importancia da colaboración cidadá nos accidentes de tráfico no inicio da Operación Retorno

Adopte as medidas de seguridade axeitadas, sen poñer en perigo a súa vida, para evitar aumentar o número de vítimas

19/08/21 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta suma sinerxías nos montes galegos co despregamento de medios humanos e tecnolóxicos para detectar condutas e presuntos incendiarios

José González destacou que a Xunta conta con 12 drons para tarefas de vixilancia e prevención, que se suman aos que aporta o Exército

18/08/21 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o labor do operativo antiincendios enviado desde Galicia para contribuír á extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila

En concreto, desprazáronse na medianoite do domingo catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF), ademais dun camión cisterna da Axencia Galega de Emerxencias

18/08/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

O delegado territorial informounos da Orde de cesión de material de emerxencias para concellos de menos de 50.000 habitantes que contan con AVPC, e que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de xullo

18/08/21 | 09:35 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 27 hectáreas arboradas

17/08/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Extinguido este mediodía o incendio do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, que segundo as últimas estimacións afectou 25 hectáreas, a maior parte de arborado

15/08/21 | 09:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta duplica o orzamento para colaborar cos concellos galegos máis turísticos no reforzo da súa policía local durante a tempada de verán

O Goberno galego achega ata 145.000 euros aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Miño, Poio, Nigrán, Cambados, Cangas, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Tui e Vilagarcía de Arousa

13/08/21 | 10:15 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

12/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a cooperación coas Forzas Armadas na loita contra os incendios forestais

José González destacou que a colaboración entre o Ministerio de Defensa e o Goberno galego suporá o despregamento de 30 patrullas do Exército nos montes da nosa comunidade (tres máis que o ano anterior), con misión de vixilancia e disuasión