Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Máis de 250 lucenses menores de 21 anos adquiriron a tarxeta Xente Nova na primeira semana dende que se estendeu o seu uso a toda Galicia, coa que viaxan gratis nos autobuses da Xunta
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que está dirixida aos menores de 21 anos e que na provincia poden adquirirse en máis dunha vintena de oficinas de Abanca
A I Feira Iniciativa Xove porá en valor este sábado os proxectos xurdidos ao abeiro deste programa a través de obradoiros, exposición de iniciativas e sesións de asesoramento á xuventude
O Edificio Cinc da Cidade da Cultura acollerá unha xornada de actividades dirixidas a mozas e mozos de Galicia e Portugal de entre 18 e 30 anos
Política Social apoia a Liga galega de Break, que celebra a súa segunda xornada no Espazo Xove de Lalín
Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Noia, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo serán as seguintes citas
A Xunta de Galicia presenta o campo de voluntariado de Soutomaior, que incluirá rutas ambientais e dinamización do Camiño Portugués
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, adiantou as novidades desta proposta e asistiu ao curso de monitor de tempo libre que se imparte na Escola Oficial de Tempo Libre Barlovento de Pontevedra
A Xunta incrementa as axudas para a realización da formación práctica en centros de traballo e en FP dual
A cuantía máxima do alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro da comunidade autónoma sube de 300 € a 375€
Un Museo Gaiás virtual acollerá a partir de mañá a Maker Faire con preto de 4.000 participantes inscritos
Comeza a sétima edición deste escaparate para a creatividade e o enxeño, cunha xornada exclusivamente centrada en innovación educativa
Aberto o prazo para participar no encontro virtual da Fundación Galicia Europa sobre o programa “Erasmus Emprendedores”
A sesión informativa “Diálogos con”, organizada con motivo da Semana Europea da Xuventude, terá lugar o 3 de xuño e permitirá aos asistentes resolver as súas dúbidas sobre este programa, da man de especialistas e de galegos emprendedores que compartirán a súa experiencia como beneficiarios
A Xunta leva as actividades de Primavera Xove aos concellos de Carballo, Vilagarcía e Tui
A programación inclúe un obradoiro de customización de roupa, actuacións musicais, karaoke e charlas sobre temas moi diversos
Política Social pon en valor os proxectos de voluntariado miúdo dos centros educativos cun encontro virtual
Entre os obxectivos do programa atópase o desenvolvemento de competencias clave como o traballo en equipo ou a busca de vivencias solidarias achegadas aos contextos máis próximos dos nenos e nenas