Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

17/03/22 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense salienta o impacto económico do bono turístico nas empresas do sector

Gabriel Alén significou que o impacto económico desta iniciativa repercutiu en Ourense en 921.913,68 euros no gasto realizado polos aboados nas empresas adheridas en 2021

16/03/22 | 17:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta inaugura en Bogotá o único fito conmemorativo da ruta Xacobea situado a máis de 3000 metros de altura

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca que nunca un símbolo xacobeo luciu, como este no santuario do Señor de Monserrate, desde un punto xeográfico tan elevado; concretamente, a 3172 metros sobre o nivel do mar

16/03/22 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta o turismo familiar no Camiño a través da iniciativa ‘Escape Room Xacobeo’

Celebrarase entre marzo e maio en catro albergues públicos de peregrinos dos Camiños Inglés, Portugués da Costa, Mozárabe-Vía da Prata e Francés

16/03/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai partícipe do Ano Santo a toda a cidadanía galega cunha nova edición de “O teu Xacobeo”

O DOG publica a terceira convocatoria desta iniciativa que busca poñer en valor o Camiño de Santiago e reforzar a súa promoción a nivel internacional

16/03/22 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a carreira Xacorun, que convida a coñecer o camiño entre Sarria e Portomarín a través do deporte

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, que organiza o Club Pretorianos o vindeiro sábado e conta con máis de 200 persoas inscritas

15/03/22 | 20:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recupera 'De Tapas por Galicia' para poñer en valor a profesionalidade da restauración galega

Os chefs gañadores dos certames de tapas das sete capitais galegas competiron hoxe na Cidade da Cultura polo premio ao mellor petisco da comunidade galega

15/03/22 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello de Turismo de Galicia informa favorablemente sobre o novo mapa de xeodestinos

Esta entidade participativa constituída por axentes públicos e privados do ámbito turístico galego reuniuse para dar conta dos principais fitos e novidades que afectan ao desenvolvemento do sector en Galicia

14/03/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Mondoñedo na mellora da seguridade viaria no Camiño do Norte

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o convenio a través do cal a Xunta destina case 262.000€ para adaptar o último tramo da N-634 antes de acceder ao municipio ao tránsito peonil de veciños e peregrinos

13/03/22 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugura en Pistoia unha mostra fotográfica arredor da hospitalidade no Camiño de Santiago

A cidade italiana acollerá ata abril esta mostra fotográfica itinerante que recolle a experiencia e os valores universais do Camiño a través do traballo de Manuel G. Vicente

12/03/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto 'Os cocidos do Camiño' como escaparate internacional da gastronomía galega nas rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou en Lalín unha iniciativa que busca a irmandade de Galicia con outros territorios que cociñan este tradicional prato