Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/09/22 | 15:08 | C. de Sanidade

A Xunta inviste 2,3 millóns de euros na modernización dos quirófanos de neurocirurxía do Hospital Clínico de Santiago e do Universitario de Ourense

O Goberno galego estende con esta adquisición o sistema de planificación en neurocirurxia corporativa, que permite programar as cirurxías desde calquera punto do hospital, a todos os servizos de neurocirurxía do Sergas

27/09/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez celebra o inicio efectivo das obras da nova estación de autobuses intermodal da Coruña, un gran centro de transporte público con case 40 M€ de investimento

Vázquez Mourelle explica que este complexo inclúe a nova estación de autobuses, a remodelación da terminal ferroviaria, que debe prepararse para recibir o AVE, un aparcadoiro e os accesos axeitados, sumando un total de 120 M€

27/09/22 | 13:44

A Xunta adxudica máis de 21.000 m2 de solo no parque das Gándaras, con bonificacións por importe de 1 M€

A empresa pública Xestur adxudicou esta mañá 7 parcelas en réxime de compravenda por un prezo de preto de 1,3 millóns de euros, unha vez aplicada xa a bonificación

27/09/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na mellora da vía LU-617 entre Monforte e Escairón, na que xa está a estender a nova capa de rodaxe

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación está incluída nun contrato de 1,5 millóns de euros para acondicionar tres estradas autonómicas da Zona Sur

26/09/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 144.300 euros na mellora da seguridade dun treito do camiño paralelo a LU132 en Trabada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá as obras, que rematarán nun prazo de dúas semanas, e que levarán aparelladas a mellora da sinalización no cruce de Soenlle

26/09/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia a obra de construción da nova rede de saneamento de Reboredo, en Campo Lameiro, cun investimento de 362.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Carlos Costa, supervisaron este mediodía o comezo dos traballos, que beneficiarán aos 70 veciños da zona e contan cun prazo de execución de catro meses
 

26/09/22 | 14:27

A Xunta actualiza o alumeado portuario de Ribeira con equipos de tecnoloxía LED de altas prestacións e software de telecontrol

O Executivo galego inviste 340.000 euros nesta actuación incluída nun contrato conxunto de 3,8 millóns para unha trintena de dársenas autonómicas, das que a ribeirense é a que recibe maior orzamento

26/09/22 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en outubro e novembro os propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda nun treito da LU-530 coincidente co camiño primitivo en Lugo

O levantamento de actas previas á ocupación será o 26 de outubro no Centro Uxío Novoneyra de Lugo, e a súa formalización o 23 de novembro no mesmo lugar

26/09/22 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en outubro e novembro os propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda nun treito da LU-530 coincidente co Camiño Primitivo en Lugo

O levantamento de actas previas á ocupación será o 26 de outubro no Centro Uxío Novoneyra de Lugo, e a súa formalización o 23 de novembro no mesmo lugar

26/09/22 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras, cun investimento de máis de 22.000 €, teñen como fin mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11