Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

24/09/21 | 20:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece no evento G-Night o relevante papel do persoal investigador na sociedade

A iniciativa celébrase en Galicia de xeito simultáneo nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo e en máis de 360 localidades de toda Europa

23/09/21 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que supón o hidróxeno verde para abordar os desafíos da transición dixital e enerxética en Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Ferrol na xornada Hidróxeno verde en Galicia

22/09/21 | 12:12 | C. de Economía e Industria

Congalsa avanza na implantación dun modelo de produción intelixente no sector da alimentación co apoio da Xunta de Galicia

A empresa da Pobra do Caramiñal está a desenvolver o proxecto no marco do programa Fábrica Intelixente e Sostible do Goberno galego

19/09/21 | 12:00 | C. de Sanidade

O Sergas, finalista nos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación

O European Innovation Council lanzou a primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación, que pretenden recoñecer aos compradores públicos e privados de toda Europa nos seus esforzos por promover a contratación de innovación

15/09/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por un emprendemento de calidade baseado na transformación dixital e na innovación e o impulso das tecnoloxías emerxentes

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá en Vigo no Metal Industry and Technologies International Trade Fair (Mindtech)

10/09/21 | 15:33 | Secretaría Xeral de Emigración

Un galego retornado apoiado pola Xunta traslada a Galicia a súa empresa, Enercraft, adicada á fabricación de equipos de soporte enerxético para aeronaves

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e varios concelleiros de Sanxenxo visitaron as instalacións desta firma que achegar I+D+i á comunidade galega

10/09/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 coas achegas do Consello Económico e Social de Galicia

Despois dun proceso participativo con máis de 600 propostas, continúa o proceso colaborativo para identificar as tendencias, desafíos, oportunidades, nichos de prioridade e obxectivos preliminares sobre os que pivotará a nova estratexia

09/09/21 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha o programa doutoramento industrial para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese

Feijóo resalta que estará dotado con 1,9 millóns de euros que se destinarán a sufragar os gastos de contratación, os gastos ligados ao proxecto e os apoios para realizar estadías de tres meses no estranxeiro

03/09/21 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola dixitalización e a implantación das tecnoloxías da industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, clausurou hoxe en Vigo o programa de obradoiros de dixitalización impulsado polo Goberno galego en colaboración con Ageinco