Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Facenda:

30/11/21 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Uns 300 escolares lucenses iniciáronse este curso na escalada a través do programa ‘Xogade’, da Secretaría Xeral para o Deporte

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á última sesión desta tempada, na que participou un grupo do CEIP Insua Bermúdez de Vilalba

29/11/21 | 14:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete anima aos máis novos a seguir os pasos das xogadoras do Burela que participarán na Champions feminina de Lugo auspiciada pola UEFA

A Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, patrocina con 25.000 euros o evento que terá lugar no Pazo Provincial dos Deportes do 2 ao 5 de decembro e que contará coa participación dos equipos gañadores das ligas de España, Rusia, Croacia, Portugal, Italia e Ucraína

28/11/21 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como destino para o turismo deportivo con eventos como o Rallymix de Portas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiron ao evento deportivo xunto co alcalde Ricardo Martínez

27/11/21 | 12:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta participará na renovación da pista de atletismo da USC a través dun convenio de medio millón de euros

Grazas a esta actuación, a pista contará coas condicións de dimensión e pavimento mínimas para acoller probas internacionais

26/11/21 | 21:41 | A Presidencia da Xunta

Lete Lasa asegura que a Xunta continuará empuxando ao deporte galego e español no XVI Congreso Nacional de Dereito Deportivo

Destaca “os valores e ideais, o servizo e aplicación ao desenvolvemento, convivencia e xustiza” do dereito deportivo como “factores chaves para o crecemento do sistema no seu conxunto”

25/11/21 | 18:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o deporte como "construtor de imaxe, prestixio e reuputación" no 2º Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos

Destaca o “papel chave” da organización e o protocolo na estratexia das organizacións deportivas para establecer unha “óptima relación, máis próxima e por suposto sostible, con todos e cada un dos distintos potenciais destinatarios dos eventos deportivos”

25/11/21 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A SD Compostela promocionará a marca Galicia Calidade grazas á colaboración co club

O director de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou esta mañá xunto co presidente da sociedade deportiva, Antonio Quinteiro, o acordo para o que resta de tempada

24/11/21 | 18:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia no Parlamento un plan para fomentar o uso do galego no deporte

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade expón no Pazo do Hórreo que a iniciativa busca incidir especialmente na mocidade

24/11/21 | 13:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta eleva ao máximo os deportistas recoñecidos: 540 de alto nivel, sete de alto rendemento, 30 de base, catro técnicos, dous árbitros e un vitalicio

Coa resolución de novembro, que incorpora 155 deportistas de 187 solicitudes, xa hai deportistas recoñecidos en todas as novas categorías incorporadas co novo decreto

22/11/21 | 18:44 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os tres concellos da comarca de Chantada melloran as súas instalacións deportivas con actuacións por valor de máis de 160.000 euros

Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo e os alcaldes, visitou no día de hoxe a pista multideportiva de Carballedo; o campo de fútbol e a pista de pádel de Taboada; así como o pavillón municipal de Chantada