Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

27/04/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Abre o prazo para que os centros escolares implanten Polos Creativos, con máis de 23.000 unidades de equipamento e mobiliario á súa disposición

Esta iniciativa, que nunha primeira fase poderá chegar a 220 centros, suporá un salto cualitativo no fomento das competencias dixitais do alumnado no ensino público

26/04/22 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dezaseis colexios e 973 alumnos da provincia da Coruña coñecen o patrimonio do camiño con programa “Vexo veo Xacobeo”

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañou hoxe ao alumnado de etapa infantil na iniciativa educativa que tivo lugar no CEIP plurilingüe de Vedra

26/04/22 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta investirá 8 M€ para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

Feijóo precisa que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro

25/04/22 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cociñeiro Xabier Castrelo leva a Aula Gastronómica Galicia Calidade ao IES de Foz

Estudantes do ciclo superior de dirección de cociña puideron traballar nun obradoiro formativo co chef do restaurante El Refugio

25/04/22 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia prevé completar o proceso de estabilización docente en 2023 cun 6% de interinidade, dous puntos menos do obxectivo marcado polo Estado

O Goberno central marcou como meta para finais de 2024 unha temporalidade por debaixo do 8% nas prazas estruturais, algo que Galicia xa cumpre hoxe, mentres a media estatal é do 25%

22/04/22 | 15:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca que a FP galega é xa sinónimo de innovación aplicada

O delegado territorial explicou que ‘dende a Xunta poñeremos en marcha unha Estratexia de FP 2021-2030 que responde ao contexto nacional, pero tamén ao internacional, cunhas dinámicas produtivas cada vez máis enfocadas ao dixital ou aos traballadores por conta propia’

22/04/22 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 500.000€ na construción dunha pista cuberta no IES Xesús Ferro Couselo de Ourense

O delegado territorial explicou que este contrato tramitarase polo procedemento aberto con tramitación urxente para interferir o mínimo posible no desenvolvemento da actividade docente e dispoñer das instalacións para o inicio do próximo curso 2022/2023

12/04/22 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá arredor de 3,5M€ na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

Engadirase un andar máis ao edificio existente, dotado de aulas polivalentes, de música e debuxo, así como zona ‘maker’, ximnasio e vestiarios, entre outros