Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

08/06/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe dezanove ofertas para executar as obras de mellora do abastecemento de auga ás parroquias estradenses de Tabeirós e de Nigoi, que suporán un investimento de 715.000 €

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 10 meses, prevense iniciar a finais deste mesmo ano co obxectivo de culminalos en 2022

07/06/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 120.000 € no polígono industrial de Val do Dubra para a construción dunha planta de depuración de augas residuais

Esta actuación inclúese dentro da orde de axudas para a mellora dos parques empresariais que ten por obxectivo potenciar a competitividade das empresas

05/06/21 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/06/21 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/06/21 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Outes o convenio de colaboración para executar as obras de mellora do sistema de saneamento, que suporá un investimento de máis de 325.000 euros

O Goberno galego achegará un investimento de máis de 108.000 euros para adaptar a depuradora ás necesidades dos veciños de Outes

03/06/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino de Praceres, que mellorará a depuración de augas residuais da ría de Pontevedra cun investimento de 12 M€

O delegado territorial, Luis López, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, asisten ao acto que marca o comezo efectivo da actuación, que se prolongará durante doce meses e outros doce para a posta en marcha

01/06/21 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Friol selan a colaboración para dotar de saneamento o núcleo de Roimil cun investimento de máis de 280.000 euros

Estenderase a rede de saneamento e depuración de augas residuais aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira, dando servizo a 20 vivendas e con capacidade de depuración para 200 habitantes

01/06/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras que completarán a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, en Mos, cun investimento de 430.000 euros

O contrato, cun prazo de 4 meses, enmárcase na colaboración da Xunta co Concello para realizar as obras pendentes no norte e en parte do sur da parroquia

31/05/21 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 700.000 € os servizos para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes

Trátase de dotar ás entidades locais de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servicio, de competencia municipal

27/05/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sela con Gondomar e con Baiona os acordos para investir 3,25 M€ na reducción do risco de inundacións e pide ao Concello de Vigo que recapacite e coopere

Actuarase nos leitos dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar, e no río Groba, nas proximidades da súa desembocadura, en Baiona, que presentan un historial de inundacións frecuentes