Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

15/12/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio coa empresa galega El Pulpo para promocionar o Xacobeo a través da posta en marcha da colección “elPulpo Peregrino”

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe o convenio de colaboración co representante da marca, José A. Touriñán

14/12/21 | 20:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou a iluminación do Xacobeo en Madrid neste Nadal

Alfonso Rueda percorreu xunto ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, a zona na que se sitúa este elemento decorativo co que conmemorar a celebración do Ano Santo

14/12/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a chegada do AVE a Galicia axudará a atraer visitantes neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na xornada “A chegada do AVE a Galicia”, organizada pola Asociación de Empresarios Galegos de Madrid

09/12/21 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a contribución da Orde de Malta á consolidación histórica do Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación dunha traballo de investigación sobre a presenza desta comunidade monástica en Galicia, centrado na Encomenda de Beade

04/12/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará na programación do Concello de Cee para conmemorar desde maio de 2022 o seu Ano Xubilar

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta semana á alcaldesa Margarita Lamela, á que lle trasladou que esta conmemoración suporá unha oportunidade para atraer a turistas e a peregrinos que realizan o Camiño de Fisterra-Muxía no segundo ano do Xacobeo 21-22

03/12/21 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa da Xunta 'O Teu Xacobeo' apoiou case un centenar de proxectos na provincia de Lugo con achegas por valor de 1,1 M€

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacaron que a iniciativa para descentralizar a celebración do Xacobeo 21-22 tivo repercusión en máis de 40 concellos lucenses

03/12/21 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña que o programa ‘O teu Xacobeo’ permitiu consolidar os valores do Camiño na propia sociedade galega

O delegado territorial destacou que o programa de ‘O Teu Xacobeo’ permitiu incrementar a implicación a nivel local na celebración deste Ano Santo

02/12/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 30 iniciativas socioculturais que mobilizan preto de 1 millón de euros na cidade de Vigo a través do programa “O teu Xacobeo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe a transversalidade da iniciativa que permite alcanzar o obxectivo desestacionalizador e descentralizador co que se abordou a adaptación da programación deste Xacobeo

01/12/21 | 20:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza ás asociacións impulsoras de novas rutas como Camiño de Santiago o sistema de colaboración co CSIC para avaliar as súas propostas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade reuniuse con representantes de entidades que promoven o recoñecemento oficial de diversos itinerarios

30/11/21 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia na provincia da Coruña 257 proxectos do Plan 'O teu Xacobeo' para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade

O delegado territorial, Gonzalo Trenor destacou a transversalidade da iniciativa que permite alcanzar o obxectivo desestacionalizador e descentralizador co que se abordou a adaptación da programación deste Xacobeo