Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Benestar:

26/02/20 | 12:21

A Xunta destina este ano 1,25 millóns de euros ás axudas de rehabilitación nas ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Os interesados en acollerse a este tipo de incentivos poderán solicitalas ata o 30 de outubro de 2020, salvo esgotamento previo da partida orzamentaria

24/02/20 | 11:25

Medio Ambiente publica o novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural Monte Aloia, que entrará en vigor o 14 de marzo

Coa aprobación deste documento son xa catro os parques naturais da comunidade que contan cun instrumento de ordenación propio e actualizado

23/02/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no concello de Ortigueira

Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo

21/02/20 | 10:36

A Xunta procederá á apertura da lagoa de Baldaio nos vindeiros días para evitar asolagamentos na contorna

Técnicos das Consellerías de Medio Ambiente e do Mar e da Universidade de Santiago visitaron esta semana a zona para determinar o seu estado actual e as medidas máis axeitadas a adoptar con carácter inmediato

20/02/20 | 18:32 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a declaración de cinco novas aldeas modelo e dun proxecto piloto de polígono agrario en concellos de Ourense e Lugo

O proxecto de mobilización sitúase no municipio ourensán da Arnoia e as aldeas modelo nos concellos lucenses da Pobra de Brollón e Folgoso do Courel, así como nos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Quintela de Leirado e Toén

19/02/20 | 14:15

Galicia contribúe á xestión sustentable do medio ambiente e dos recursos mariños coa medición constante das condicións océano-meteorolóxicas

Desde hai máis de dez anos o Observatorio costeiro da Xunta de Galicia ofrece información da costa galega de grande utilidade para a investigación e a toma de decisións por parte das administracións

18/02/20 | 16:41

A Xunta elaborará un estudo con actuacións inmediatas para abrir a Lagoa de Baldaio e evitar o asolagamento das vivendas

As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Mar mantiveron esta mañá unha reunión onde acordaron que os técnicos volvan á zona novamente, para determinar a adopción de medidas inmediatas

17/02/20 | 11:30

Medio Ambiente convoca as axudas para actuacións municipais de posta en valor das Reservas da Biosfera de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde coas bases reguladoras da convocatoria para o actual ano, dotada cunha partida global de 600.000 euros

15/02/20 | 12:53

Medio Ambiente invita aos concellos que integran a reserva da biosfera da área de Allariz a beneficiarse das axudas para a mellora dos espazos naturais

A directora xeral de Patrimonio Natural mantivo unha reunión coa alcaldesa da Bola e vicepresidenta da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, Teresa Barge