Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Agricultura e gandería:

23/03/22 | 20:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta que a tradición hospitalaria do Camiño reforza a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, impartiu a conferencia “Xacobeo. Un Camiño a Galicia” no marco das actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio da Escola Naval de Marín

23/03/22 | 19:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o Camiño de Santiago como símbolo da unión dos pobos europeos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse co Embaixador do Consello de Europa Patrick Engelberg no marco do “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” celebrado estes días na cidade compostelá

23/03/22 | 18:42 | C. de Economía e Industria

A Aula Gastronómica Galicia Calidade chega ao CIFP Compostela cunha master class do chef Yayo Daporta

Unha vintena de estudantes do centro asistiron á demostración culinaria do cociñeiro e Estrela Michelín, que elaborou un menú de inspiración mariñeira

23/03/22 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A aceleradora de startups turísticas da Xunta bate o seu propio récord de inscritos e rexistra 117 solicitudes

O programa recibe 34 propostas máis (+41%) que en 2021. Estas solucións optan a ser aceleradas no programa de formación e mentoring de talento innovador que promove o Goberno galego

21/03/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a creación de accesos e a mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval, no concello de Oia, cun investimento de 36.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta dobre actuación na parroquia de Burgueira, financiada coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes

21/03/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta finaliza as obras do albergue de Vilasantar no arranque da tempada alta do Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o remate dos traballos de rehabilitación da Casa Reitoral da Laxe para acoller un novo albergue de peregrinos de 30 prazas, que estará operativo en Semana Santa

21/03/22 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono turístico duplica a demanda do ano pasado e supera as 20.000 solicitudes nas primeiras doce horas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que o éxito da convocatoria confirma o acerto desta iniciativa, que busca incentivar o turismo interno e desestacionalizar a oferta turística “ofrecendo aos galegos a posibilidade de coñecer Galicia”

20/03/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza o XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

Máis de 30 expertos internacionais debaterán sobre o Camiño de Santiago desde a perspectiva do peregrino medieval ata a actualidade entre o 22 e o 26 de marzo

18/03/22 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre este luns o prazo para as solicitudes á nova edición do bono turístico

O DOG publica hoxe a resolución na que se recolle as bases reguladoras para a concesión do Bono Turístico e procede a súa convocatoria para este ano dirixida a todas as persoas maiores de 18 anos, empadroadas en calquera dos municipios de Galicia

17/03/22 | 16:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o impulso de 2 sendas metropolitanas, 3 aparcadoiros e a mellora de 96 paradas de autobús na cidade de Lugo e a súa área, cun investimento de preto de 9M€

Destaca un investimento de máis de 3 M€ para a reforma do Servizo de Medicina Nuclear do Hospital Público Lucus Augusti e constata os avances da mellora do Centro de Saúde da Milagrosa