Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

21/12/20 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/12/20 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Muros na adquisición dun vehículo dedicado á protección do medio ambiente

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega do todoterreo pick up con plataforma elevadora e cesta que empregará a brigada municipal no mantemento e conservación de espazos naturais

20/12/20 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Escola Galega de Administración Pública acolle un novo curso DAFIS orientado a 30 profesionales de Educación Física

Nesta mesma semana, o secretario xeral para o Deporte anunciaba que a Secretaría Xeral xa está traballando coa Consellería de Sanidade e coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social para levar a cabo o programa de prescrición de exercicio para persoas maiores de 60 anos
 

17/12/20 | 20:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde resiste economicamente nun ano marcado polo descenso da súa actividade debido á covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do Padroado da entidade, na que se aprobaron as contas de 2019, se fixo un balance provisional deste ano e se presentaron os orzamentos para 2021

16/12/20 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma o “máximo compromiso” da Xunta co Concello de Crecente na súa visita institucional e anuncia que os orzamentos 2021 recollen investimentos por 357.000€

A delegada territorial mantén unha xuntanza de traballo co alcalde, Julio César García-Luengo, para recoller as súas peticións para o Goberno galego

16/12/20 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por reforzar a colaboración institucional coas deputacións para seguir mellorando a calidade dos servizos públicos e consolidar unha estrutura administrativa sen duplicidades

Subliña a proposta de mellora de atención ás emerxencias na provincia, coa creación de dous GES en Maceda e na Veiga, así como co novo Centro integral de loita contra o lume en Toén

15/12/20 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/12/20 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece a implicación dos traballadores públicos por aproveitar as novas tecnoloxías para ofrecer unha mellor atención á cidadanía galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega da segunda edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, aos que se presentaron 34 iniciativas