Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

30/03/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Vía da Prata, a gran protagonista da nova edición de ‘Instagrammers no Camiño’, que comezou en Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acompañaron esta mañá en Ourense a saída dos seis participantes de “Instagrammers no Camiño”

29/03/22 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta pola fortaleza da súa enogastronomía na estratexia turística a desenvolver cos fondos europeos Next Generation

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na Conferencia Sectorial de Turismo entre o Ministerio de Turismo e as CCAA

29/03/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o espectáculo “Inventio” pola súa aposta vangardista co camiño como eixe vertebrador da identidade cultural galega

Na súa presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, valorou unha posta en escena dirixida a todas as idades que suma maxia, danza e circo para espallar a mensaxe dos valores do Camiño

28/03/22 | 15:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue de Oseira como exemplo da aposta polo patrimonio e o camiño, cunha rede pública de albergues que rematará este 2022 con 78 centros

Resalta que os fondos europeos de recuperación, ademais de axudar a trazar a Galicia do futuro no eido da industria e a innovación, axudarán a impulsar o turismo, cun Plan Xacobeo Next Generation dotado con máis de 39 millóns de euros

28/03/22 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o lanzamento dunha nova marca de calidade do ICTE baseada na sostibilidade turística

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, participaron esta mañá na EGAP nunha xornada de presentación da marca “S Sostenibilidad Turística” e a nova norma técnica que a ampara, impulsada polo Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE)

26/03/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Seis 'influencers' galegos participarán na 2ª edición de “Instagrammers no Camiño” para animar á mocidade a camiñar a Galicia neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou esta mañá aos 6 “instagrammers” que percorrerán entre o 30 e o 3 de abril desde Ourense os 100 últimos quilómetros da Vía da Prata contando desde as redes sociais as súas vivencias

25/03/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa dende Semana Santa viaxes en barco eléctrico entre A Guarda e Caminha especialmente pensadas para peregrinos

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Antonio Lomba, presentou esta mañá este servizo de transporte turístico, que será prestado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+) de xeito experimental con dúas embarcacións dende o 8 de abril

25/03/22 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de Semana Santa de Ferrol como reclamo turístico en pleno Xacobeo

O Goberno galego retoma a súa colaboración coas confrarías e irmandades da Semana Santa de Ferrol, que este ano recuperan a actividade desta Festa de Interese Turístico Internacional, paralizada perante dous anos por mor da pandemia

24/03/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o Plan director 21-23 como ferramenta prioritaria que está a guiar a recuperación do turismo

A directora de Turismo de Galicia compareceu diante da Comisión 6ª do Parlamento para dar conta do avance na folla de ruta do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro.

24/03/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 55.400 euros no acondicionamento do Camiño de Inverno no núcleo dos Novais, en Quiroga

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que se utilizarán áridos locais no novo pavimento para lograr unha mellor integración na contorna