Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

18/01/22 | 12:40

A Xunta convoca 9 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Cambados

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

18/01/22 | 11:18

Galicia defende unha tramitación máis simple e áxil dos fondos europeos para aumentar a execución e o acceso a eles do sector marítimo-pesqueiro

O Executivo galego expón as dificultades existentes pola superposición das normativas europea, estatal e autonómica non só relativas ao FEMP senón tamén á concesión de axudas e á tramitación administrativa

14/01/22 | 11:55

Galicia aprobou desde 2016 máis de 600 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro cun investimento global de arredor de 85 M€

Dentro desas cifras inclúense 144 proxectos aprobados na convocatoria de axudas de 2021, que contaron cunha achega pública de algo máis de 7,5 millóns de euros e que en total mobilizarán preto de 15 millóns de euros

14/01/22 | 11:39

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Ulla do 1 de febreiro ao 31 de outubro deste ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico da especie para 2022

12/01/22 | 13:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un novo Plan estratéxico da conserva para definir a folla de ruta do sector ata 2030 en eidos como a comercialización, a innovación e o medio ambiente

Anuncia tamén unha nova convocatoria de axudas para que pemes do sector melloren os procesos de transformación cun orzamento de 19 millóns de euros

12/01/22 | 12:59

A Xunta solicita ao Goberno central que aclare a súa proposta para indemnizar aos mariscadores e urxe unha reunión a tres bandas para poder analizala

Galicia reitera a súa predisposición a tramitar os arredor de 80 expedientes de axuda necesarios para compensar aos afectados se o Executivo estatal considera que non está en condicións de xestionalos e transfire os fondos precisos para afrontar os pagos

11/01/22 | 16:44

A Xunta está disposta a tramitar as indemnizacións dos mariscadores do Burgo sempre que o Goberno central transfira os fondos necesarios para facelo

Esa fórmula tería que executarse mediante a sinatura dun convenio de colaboración entre as partes que recolla os recursos a destinar e as obrigas de cada parte

05/01/22 | 10:51

A Xunta e a industria transformadora de produtos do mar desenvolverán en 2022 distintas accións para impulsar a competitividade e o crecemento do sector

A Consellería do Mar destina 149.000 euros á colaboración con Anfaco-Cecopesca, que estará vixente ata o 30 de decembro deste ano

31/12/21 | 12:00

Galicia aproba os primeiros 156 plans de xestión de recursos específicos como a navalla ou as algas con vixencia de tres anos

As confrarías de pescadores ou entidades asociativas do sector son titulares de 149 deses plans mentres que os sete restantes corresponden a empresas dedicadas á transformación ou comercialización de algas mariñas