Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

16/05/22 | 14:53

A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago para concienciar aos universitarios sobre a importancia da reciclaxe

Durante toda a mañá e ata as 18,30 horas, dous monitores resolverán as dúbidas dos participantes e aproveitarán as consultas que lles trasladen para recompilar datos sobre o comportamento deste colectivo ante a xestión dos residuos

11/05/22 | 14:33

A Xunta concede ao concello de Lobeira unha axuda de máis de 16.000 euros para mellorar o exterior do edificio de protección civil

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver as solicitudes de axudas dirixidas a entidades locais para emendar e corrixir os impactos paisaxísticos que causan na contorna edificios e equipamentos públicos municipais

11/05/22 | 11:56

A Xunta velará polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe do concello de Valdoviño

En base a este convenio de colaboración, que asinou ao mesmo tempo o Concello de Toén, estes municipios delegan na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

11/05/22 | 11:52

A Xunta velará polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe do concello de Toén

En base a este convenio de colaboración, que asinou ao mesmo tempo o Concello de Valdoviño, estes municipios delegan na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

11/05/22 | 11:15

Galicia terá este verán 112 praias con bandeira azul, tres das cales conseguen o galardón por primeira vez

A Comunidade consolida a súa posición a nivel nacional, cun total de 166 distintivos azuis concedidos entre praias, portos, centros e sendeiros

11/05/22 | 10:17

A Xunta destina 57.600 euros a corrixir impactos paisaxísticos en bens municipais de Chantada, Pantón, Ribas de sil e Sober

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de 2022 das entidades locais da liña de axudas para instaurar o ‘fermosismo‘

07/05/22 | 13:21

A Xunta apoiará os traballos para declarar unha Reserva de Biosfera no sureste da provincia de Ourense

Ángeles Vázquez bríndalles aos concellos da zona a colaboración técnica da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para asesoralos nos trámites iniciais

07/05/22 | 13:16

A Xunta reclama ao Goberno central claridade e concreción sobre o Bono Alugueiro mozo e o Plan estatal de vivenda

O Executivo galego non recibiu aínda os fondos comprometidos para poder convocar o programa de axudas para a mocidade nin respondeu ás aclaracións solicitadas sobre cuestións relativas aos criterios interpretativos para a súa aplicación

06/05/22 | 12:56

A Xunta crea a figura das áreas empresariais estratéxicas para habilitar reservas de solo que axilicen a implantación de proxectos clave para Galicia

Ángeles Vázquez subliña que esta é unha das novidades da lei, que tras recibir o visto e prace do Consello da Xunta, enviarase ao Parlamento para a súa tramitación