Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

19/10/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón aumentar o financiamento do servizo municipal de emerxencias de Noia para equiparalo ao dos GES

O Goberno galego proporá mañá ás deputacións provinciais e á Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES aplicar esta medida aos 4 servizos municipais da comunidade

19/10/21 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP inaugura o curso da promoción de oficiais da Policía Local máis numeroso da súa historia

Son 53 alumnos procedentes de 19 concellos que inician as clases de xeito presencial, recuperando a normalidade tras un curso marcado pola pandemia

19/10/21 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio no concello coruñés da Pobra do Caramiñal

Na investigación tamén colaboraron efectivos da Policía Nacional de Ribeira e da Garda Civil de Boiro, xunto con axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e persoal do Distrito Forestal IV Barbanza

18/10/21 | 15:07

A Xunta monitoriza a posible chegada a Galicia ao longo deste luns da columna de dióxido de xofre procedente do volcán da Palma

MeteoGalicia subliña que a rede galega de calidade do aire rexistra en tempo real os contaminantes emitidos pola erupción, de tal xeito que calquera incremento dos seus niveis de concentración sería detectado de inmediato

15/10/21 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as agrupacións de Protección Civil para dotar aos concellos galegos duns servizos de emerxencias acordes coas necesidades da poboación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o concello de San Cristovo de Cea, no que o Goberno galego investiu máis de 12.000 euros nos últimos anos para mellorar a dotación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e contribuír nos seus gastos de funcionamento

14/10/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o 'máximo apoio' da Xunta á Protección Civil de Cerdedo-Cotobade para a súa atención cidadá

O delegado territorial en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, visita a sede da agrupación e mantén un encontro co seu presidente, Javier Lois, e con algúns dos seus doce integrantes

13/10/21 | 17:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese coa Fegamp para informar da optimización dos protocolos de actuación no 112 relativos ás emerxencias con animais

A finalidade é optimizar a mobilización de servizos de emerxencia neste tipo de incidencias coa implantación de novos protocolos

11/10/21 | 10:18 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 71 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 8 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 10 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 64 chamadas por accidentes de tráfico

04/10/21 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo da Policía durante a pandemia para velar pola seguridade e o cumprimento das medidas de prevención ante a covid-19

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe na conmemoración e entrega de condecoracións do Día da Policía, que neste ano rendeu homenaxe ao labor dos sanitarios e recoñeceu o traballo do xerente do Sergas, José Flores, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na xestión da crise sanitaria