Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

20/05/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta alenta a colaboración co empresariado para dar un novo salto nunha formación profesional galega especializada e de alto valor engadido

Román Rodríguez aposta por estreitar alianzas entre o tecido socio-económico e o ámbito educativo para afrontar “con éxito” os retos de futuro na FP, que pasan por afondar na innovación e a dixitalización

19/05/22 | 14:09 | C. de Economía e Industria

O chef Adrián Felípez pecha no CIFP Paseo das Pontes da Coruña a segunda edición da aula gastronómica Galicia Calidade

A iniciativa levou por nove centros de hostalería galegos a profesionais da restauración que contan co selo de Galicia Calidade para introducir ao alumnado nos produtos que contan con este certificado

19/05/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ten escolarizados a 199 nenos e nenas ucraínos en centros educativos dunha trintena de concellos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou aos 32 cativos matriculados no Colexio Plurilingüe San Narciso, que acolle ao maior grupo de toda a provincia

19/05/22 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 40.000 euros no curso de mantemento e montaxe mecánica que se imparte no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Ferrol

Un total de 12 alumnos participan nesta acción formativa coa que obterán un certificado de profesionalidade de nivel 2

14/05/22 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IV Concurso de Podcasts 'Radio na biblio' premia o traballo de centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña polo Día das Letras Galegas

O certame, impulsado pola Xunta, dedícase cada ano á persoa homenaxeada con motivo Día das Letras Galegas, neste caso a Florencio Delgado Gurriarán

11/05/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que o programa de libro dixital E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 600 centros educativos galegos

A iniciativa permite ao alumnado do ensino galego estudar con este sistema de libro dixital durante seis cursos consecutivos: de 5º de Primaria a 4º de ESO

11/05/22 | 11:28 | C. de Economía e Industria

Conde subliña en Galiciencia a importancia de seguir apostando polo talento, a innovación e as vocacións científicas dos máis novos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, visitou os proxectos participantes na nova edición da feira científica que hoxe bota a andar no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole

Nesta edición, centrada na economía circular, participan un total 90 proxectos procedentes de centros educativos de toda a comunidade galega, ademais de Cataluña, Madrid e o País Vasco
 

08/05/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca premios por case 900.000€ para recoñecer o esforzo e a excelencia no bacharelato e na universidade

Os prazos para optar aos recoñecementos de Fin de Carreira e a os galardóns Extraordinarios de Bacharelato xa están abertos

04/05/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Nove colexios e 350 alumnos da provincia de Ourense coñecen o patrimonio do camiño co programa ‘Vexo veo Xacobeo’

O delegado territorial explicou que un dos principais obxectivos deste programa é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel acti-vo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da socie-dade actual e do futuro