Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

22/12/21 | 14:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os concellos da Terra de Lemos, Monforte e Sober, renovan pavillón e piscina grazas aos convenios coa Xunta por importe duns 500.000 €

O pavillón da Pinguela de Monforte xa conta cun novo vídeo marcador e as piscinas municipais de Sober foron reparadas

21/12/21 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o orgullo que supón que Eduardo Iglesias sexa abandeirado de Galicia Calidade no Dakar 2022 e reivindique o talento do deporte galego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro en Santiago co piloto monfortino que correrá o seu terceiro Dakar

20/12/21 | 18:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte galego, urbano, mozo e feminino triunfan na dobre xornada de Breaking en Vigo e no colofón da Liga Xunta de Galicia

O éxito desta Liga Xunta de Galicia de Breaking será o acicate perfecto para o Plan Director de Deportes Urbanos de Galicia

20/12/21 | 15:27 | Secretaría Xeral para o Deporte

Sete novos expedientes de fútbol, fútbol sala e automobilismo, a estudio na oitava reunión da Comisión galega de control da violencia

O secretario xeral para o Deporte e presidente da Comisión, Lete Lasa, insiste, unha vez máis, na “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”

18/12/21 | 10:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte inviste 20.000 euros na construción dunha pista de pádel en Alfoz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a Xunta colabora cos concellos “para poñer a disposición dos veciños e veciñas dotacións deportivas públicas de calidade”

17/12/21 | 20:20 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca “o traballo, a ilusión e a calidade” dos cen anos do atletismo galego e lembra o esforzo da Xunta na renovación do seu mapa de infraestruturas

Destaca a vindeira renovación da pista de atletismo da USC; a licitación do módulo cuberto de atletismo en Ribeira; os compromisos da primeira pista homologada da Mariña, en Cervo, así como da nova pista da Estrada; a adxudicación do módulo cuberto do IFEVI en Vigo ou as obras menores nas pistas de Negreira e Cangas; e, como non, a “mellor pista cuberta de España en Ourense que con tan só cinco anos de vida volverá acoller un Campionato de España Absoluto en 2022”

17/12/21 | 14:18 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Cátedra SXD Galicia Activa afonda nas necesidades de exercicio nos casos de discapacidade, embarazo e enfermidades crónicas

Esta xornada encádrase nas actividades anuais que se realizan desde esta Cátedra asinada entre a Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte e a Universidade da Coruña

16/12/21 | 15:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que o éxito da liga Xunta de Breaking é o acicate perfecto para o Plan de deportes urbanos de Galicia

Na presentación da última xornada da Liga Xunta de Galicia de Breaking e do ‘Break Storming– Trofeo Xacobeo 21-22’, que contan co patrocinio do Goberno galego

15/12/21 | 17:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete asegura que o campionato do mundo Sub 23 de Loitas Olímpicas de Pontevedra porá de manifesto “o músculo dos 43 clubs e dos mil loitadores de Galicia”

Do 15 ao 24 de outubro terán lugar o Campionato do Mundo de Grappling U17 e U20 primeiro e o Campionato do Mundo U23 de Loitas Olímpicas despois, coa colaboración da Xunta de Galicia e cunha estimación de 1.600 deportistas, xuíces e técnicos