Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

05/01/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de San Cibrao das Viñas na creación de dous parques e un campo de fútbol e baloncesto

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

02/01/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibiu case 700 denuncias dos 167 concellos adheridos ao convenio coa Fegamp para tramitar as sancións relacionadas coa covid-19 de competencia municipal

O convenio asinado coa Fegamp ten como obxectivo contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios

30/12/20 | 15:39 | C. do Medio Rural

A Xunta retirou este ano máis de 16.700 niños de vespa velutina no marco do plan levado a cabo en coordinación cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuníronse hoxe con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda

30/12/20 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias pon en valor os avances nas grandes infraestruturas da Xunta de Galicia este ano en Vigo

A delegada territorial da Xunta fai balance dun 2020 “difícil” no que as inversión do Goberno autonómico na cidade avanzan a bo ritmo pese ao impacto da pandemia

29/12/20 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dinamización da vida local con axudas ás entidades veciñais para manter a súa actividade e mellorar os seus servizos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo na Asociación de Veciños Vilar de Astres para reformar o local social e dotalo de equipamento

29/12/20 | 11:41 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2020, con 2.585 prazas de acceso libre

A maiores, inclúense 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario e outras 3.419 prazas para continuar coa funcionarización do persoal laboral fixo

23/12/20 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Montederramo

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica