Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

02/12/22 | 13:29

O centro de formación A Aixola cumpre 25 anos capacitando a máis de 2.000 persoas nos oficios do mar

Desde a súa apertura en 1997 por parte da Consellería do Mar, o alumnado beneficiouse dos arredor de 150 cursos impartidos nas diferentes convocatorias
 

01/12/22 | 20:04

Galicia recoñece o esforzo dos grupos de acción local do sector pesqueiro no impulso da economía e a protección do patrimonio das zonas costeiras

Os III Premios Economía Azul destacan o acondicionamento da lonxa de Portonovo para a mellora do uso turístico, a produción de algas por parte da empresa H. Q. Seaweed, a aula do Mar creada pola Asociación de Saúde Mental da Mariña e o centro de transformación do lixo mariño creado ao abeiro do GALP Costa Sostible

01/12/22 | 18:03

A Consellería do Mar reforza a súa estrutura para apuntalar a promoción e posta en valor dos produtos do mar de Galicia

Crea a Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar dentro da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica co ánimo de permitir unha xestión máis axeitada e asumible da actividade diaria, así como un mellor desenvolvemento de tarefas de cogobernanza co sector

30/11/22 | 12:29

A Xunta retrasa o inicio da campaña de extracción da mexilla a xaneiro co obxectivo de preservar o estado biolóxico do recurso

Esta medida dá resposta ás consideracións trasladadas por distintos profesionais do sector e a un informe emitido polos técnicos da Consellería do Mar
 

30/11/22 | 12:07

A Xunta enxalza o labor do Igafa como centro nacional de referencia na formación de profesionais da acuicultura e o mergullo

Susana Rodríguez sinalou que as accións formativas son parte imprescindible para impulsar a remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro
 

29/11/22 | 10:15

A campaña `Galicia sabe aMar’ percorrerá 200 municipios de España relacionados co Camiño de Santiago

A Xunta tamén organizará diversos foros temáticos que baixo o título 'A Cociña do Mar' visitarán as grandes urbes galegas e abordarán temas como a sustentabilidade, a formación e investigación e a saúde

27/11/22 | 10:31

Mañá abre a campaña extractiva da centola na provincia de Lugo

Nas provincias da Coruña e Pontevedra comezou o pasado 7 de novembro atendendo ao que establece o plan de xestión que regula a captura desta especie

26/11/22 | 14:26

A Xunta apela á unidade da cadea mar-industria na defensa do seu traballo ante os retos que afectan á súa competitividade e viabilidade

Rosa Quintana insistiu en que o veto á pesca de fondo difire do equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais que defende a Política Pesqueira Común, que encomenda abordar o establecemento de áreas mariñas protexidas atendendo a estudos científicos