Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

02/12/22 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa confirma a “recuperación do programa Xogade” no cross zonal do Condado-Paradanta no que participaron 357 nenos e nenas

A edición da tempada pasada rexistrou un total de preto de 156.000 participacións nas diferentes modalidades grazas a participación de 117.000 rapaces e rapazas, o que representa que pouco a pouco vanse recuperando as cifras de participación pre pandemia

29/11/22 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese ao “gran avance” que supón a posta en marcha das pistas multideporte nos colexios para crear espazos educativos máis saudables

A de Vilanova de Arousa é unha das 32 infraestruturas deste tipo que o Goberno autonómico habilita este ano en Galicia por 2M€ co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

28/11/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta participa na presentación da proba ciclista O Gran Camiño 23 que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación da proba que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

27/11/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/11/22 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa en Marín no remate das actividades da Federación Galega de Boxeo ao abeiro do Plan Corresponsables que superou todas as expectativas

O programa chegou a 150 concellos cun orzamento de 2,5 millóns de euros e a Xunta de Galicia xa traballa na súa segunda edición

25/11/22 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a importancia de transmitir a nobreza do karate entre os máis novos na presentación do nacional Cadete, Júnior e Sub-21 de Pontevedra

Terá lugar esta fin de semana en Pontevedra, participarán un total de 757 deportistas das 17 comunidades autónomas españolas e contará con 38 karatekas galegos e galegas

25/11/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/11/22 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará na próxima edición do Rally da Auga que percorrerá os concellos da comarca de Ordes ao mudar de localización ata 2025

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou na presentación desta proba que puntúa para a Copa de España de Rallys de Terra
 

24/11/22 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o investimento na pista de atletismo de Expourense para acoller eventos deportivos e feirais como o salón de deporte e turismo activo ‘Sportur Galicia’

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou os expositores do salón e destacou o seu potencial para fomentar a actividade física e o deporte entre a cidadanía e, ao mesmo tempo, promocionar a comunidade como destino de turismo activo e deportivo