Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

19/12/22 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A delegada da Xunta en Ferrol celebra a boa acollida que está a ter a exposición Ferrol no tempo que no primeiro mes recibiu a visita de preto de 3.000 persoas

Martina Aneiros destacou o programa de visitas guiadas que ata o momento achegou esta mostra da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e Afundación a 503 alumnos de centros da cidade e que continúa funcionando ata o 28 de xaneiro
 

19/12/22 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera xunto a nove socios internacionais un ambicioso proxecto para promover a diversidade cultural e lingüística de Europa a través do teatro

Trátase do proxecto ‘Phone’, no que participan varios departamentos da Consellería de Cultura co protagonismo do Centro Dramático Galego
 

19/12/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Paideia poñen en marcha unha aceleradora de música para impulsar ata 12 proxectos de artistas e grupos galegos

A conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta da entidade colaboradora, Sandra Ortega, asinaron un convenio para a realización conxunta deste programa, ao que se destinan 240.000 euros a través da Axencia Galega de Industrias Culturais
 

19/12/22 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra a aprobación da proposta para coordinar unha programación cultural ao redor da figura de Carlos Oroza

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a unanimidade recibida pola Proposición Non de Lei do Grupo Parlamentario Popular na Cámara galega

18/12/22 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a comercialización da artesanía de Galicia no Nadal compostelán

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a 11ª edición do Mercado da Estrela no que participan 33 obradoiros da marca

17/12/22 | 19:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o éxito do programa Xuventude Crea como escaparate do talento e da creatividade artística da mocidade galega

Destaca que as obras dos 350 artistas que participaron nesta edición amosan a pluralidade e a diversidade que caracterizan á sociedade galega