Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convocará axudas por máis de 28 M€ para fomentar a construción de vivendas en alugueiro
Haberá incentivos para impulsar novas promocións residenciais en solo público e tamén para o fomento de aloxamentos temporais, cohousing ou vivendas interxeneracionais, así como de inmobles destinados a persoas maiores ou con algunha discapacidade
Ángeles Vázquez expón a planificación da consellería en materia lexislativa e orzamentaria para aproveitar ao máximo os fondos europeos
A conselleira insiste en que non podemos correr o risco de perder a oportunidade que supoñen estes fondos para modernizar e dar músculo ao noso tecido produtivo
A Xunta entrega en Ferrol as dúas primeiras vivendas de promoción pública rehabilitadas a través do programa Rexurbe
Ambas vivendas posúen dous dormitorios, salón- comedor, cociña, baño e rocho e as súas adxudicatarias aboarán por elas alugueiros de pouco máis de 140 euros
A Xunta adxudica o proxecto e a dirección de obra para rehabilitar dous inmobles na rúa Catedral, na Tinería
O delegado territorial, Javier Arias, confirma que se recuperarán para vivendas de promoción pública coa intención de continuar coa rexeneración urbana e a revitalización do casco antigo de Lugo
A Xunta regulará un rexistro de axentes intermediarios no eido da vivenda para dotar de seguridade xurídica ao sector
Proporcionará transparencia ao sector co coñecemento público de todas as persoas e empresas que interveñen na intermediación en materia de vivenda e fomentar a calidade dos servizos que ofrecen
A Xunta concede máis de 660.000 € en préstamos sen xuros aos Concellos de Cerdedo-Cotobade, Cortegada, Lobios, Porto do Son e Rubiá para actuacións de rehabilitación
Ángeles Vázquez salienta que estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación
O IGVS destinará 73 M€ a facilitar o acceso dos galegos a unha vivenda, a metade do seu orzamento para 2023
Heriberto García explica que para cumprir este obxectivo prevense tanto actuacións directas do departamento, para construír ou rehabilitar inmobles residenciais, como a concesión de axudas, avais e préstamos vantaxosos a particulares e concellos
A Xunta activa as bolsas de axudas para a conciliación, transporte e manutención e aloxamento de persoas desempregadas que participen en cursos de formación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta liña que conta cun presuposto de 8,5M€ en 2022 e 2023, un 6,5% máis que na anterior
Medio Ambiente xestionará o próximo ano 533,5 M€, o seu maior orzamento, para cumprir co obxectivo estratéxico de impulsar 1.200 novas vivendas públicas
Ángeles Vázquez subliña que son uns orzamentos sen precedentes nos que primarán as políticas residenciais, a protección da Galicia verde e o urbanismo responsable
O Consorcio Casco Vello avanza na rehabilitación dun dos edificios de maior volume da zona baixa do barrio
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do organismo autónomo, Marta Fernández-Tapias, visitou este luns as obras de reforma do inmoble de Real, 13