Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

19/06/20 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

Do 27 ao 30 de xuño, empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras traballarán en 5 retos cos que adaptar o tecido empresarial á nova realidade

18/06/20 | 11:43 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A edición 2020/2021 do programa "Digicraft no teu cole" reforza a súa presenza en Galicia e contará coa participación de ata 250 centros escolares galegos

Na primeira edición, celebrada este curso 2019/2020, que finaliza agora, participaron 3.800 alumnas e alumnos de educación primaria e 100 docentes de 50 centros educativos, que puxeron en marcha itinerarios formativos centrados en realidade aumentada, intelixencia artificial, videoxogos e robótica

18/06/20 | 09:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria por 7 M€ dos cheques de dixitalización para facilitar o teletraballo e o desenvolvemento de iniciativas empresariais no rural e a economía social

16/06/20 | 13:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo o casco histórico grazas á colaboración entre a Xunta e o Concello de Santiago

O operador Orange presentou hoxe á directora da Amtega e ao alcalde de Compostela os detalles do proxecto, que prevé iniciar este verán na Rúa do Franco e completar nun prazo estimado de sete meses

12/06/20 | 14:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o Concello de Santiago pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico

O proceso, lanzado a finais de ano, rematou coas propostas de despregamento de tres operadores, dos que un vén de solicitar a licenza municipal para iniciar os traballos neste mesmo ano

07/06/20 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta ao sector da primeira transformación da madeira as vantaxes da nova plataforma para a tramitación electrónica dos aproveitamentos

A ferramenta busca axilizar eses trámites, tendo en conta que cada ano se presentan en Galicia máis de 93.000 declaracións e solicitudes de autorización de aproveitamentos madeireiros

03/06/20 | 14:45 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
01/06/20 | 13:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Reábrese o prazo para solicitar as bolsas do programa DigiTalent, que promove a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

Os interesados poden presentar as súas de candidaturas desde hoxe e ata o 23 de xuño, a través da sede electrónica da Xunta, previa inscrición no portal de bolsas Feuga

31/05/20 | 10:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

O 96% dos centros públicos galegos dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal

28/05/20 | 13:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta facilita ás Universidades o uso das aulas da Rede CeMIT para a realización de exames

A Amtega xunto coa FEGAMP e as tres Universidades galegas asinan un acordo para que o alumnado universitario con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo nos centros da Rede