Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática i+D+i:

03/06/22 | 14:22 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o informe sobre custos de produción no sector da carne á asociación de gandeiros galegos da suprema

Desta forma, a Consellería do Medio Rural inicia unha rolda de contactos cos diferentes axentes deste eido produtivo -que tamén se manterán con industria e distribución- para que dispoñan de datos sobre a situación actual de venda a perdas

03/06/22 | 13:08 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en que o futuro do sector primario galego pasa por cubrir os seus custos de produción e ter unha marxe de beneficio

José Balseiros insistiu en que a primeira medida inmediata para manter e asegurar esa viabilidade económica das explotacións agropecuarias pasa por dar cumprimento á Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria

03/06/22 | 11:20 | C. do Medio Rural

A Xunta xestionou máis de 14,3 M€ en axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2021 que beneficiaron a case 3.700 gandeiros e agricultores galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que permite consultar os beneficiarios destes pagos e os importes concedidos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural

02/06/22 | 19:39 | C. do Medio Rural

Técnicos da Xunta recomendan aplicar produtos fitosanitarios protectores nas cepas afectadas polo pedrazo rexistrado no concello de Sober

Os técnicos da Consellería do Medio Rural fixeron un percorrido pola zona e constataron que nunha superficie dunhas 11,5 hectáreas as vides quedaron sen follas nin acios, aínda que se rexistraron danos menores noutras 74,8 ha adicionais

Os profesionais da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía e da Oficina Agraria Comarcal de Monforte de Lemos estanse encargando de orientar aos produtores prexudicados pola treboada do pasado domingo sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade, para minimizar as perdas
 
A Xunta lembra que se convocou en xaneiro unha orde de axudas cun orzamento de 7 millóns de euros para fomentar os seguros agrarios, apuntando que estas pólizas cobren os danos provocados por fenómenos meteorolóxicos extraordinarios como o pedrazo
 
O prazo de contratación destas pólizas subvencionadas polo Goberno galego está aberto ata o 15 de novembro -segundo a liña da que se trate- e as achegas correspondentes recíbense no momento da contratación
02/06/22 | 17:24 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta no Comité das Rexións pola xestión sustentable do territorio rural como a mellor fórmula para garantir un sector primario forte

José González trasladou que a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia contribúe a afrontar o reto demográfico e subliñou que se basea en criterios adaptados ás esixencias do Pacto Verde Europeo e da estratexia da granxa á mesa

02/06/22 | 14:58 | A Presidencia da Xunta

Diego Calvo enxalza a Feira Abanca Semana Verde como compendio de tradición e renovación para dar a coñecer unha Galicia emprendedora e de vangarda

O vicepresidente segundo da Xunta, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, presidiu hoxe a inauguración da 44ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que aspira a bater o seu propio récord de asistencia

02/06/22 | 11:28 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca preto de 1 M€ en axudas aos grupos de desenvolvemento rural para deseñar novas estratexias participativas no marco do programa Leader

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que contempla as bases reguladoras destas achegas, cun orzamento de 840.000 euros que supón case triplicar o presuposto da anterior convocatoria de 2016