Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Economía:

12/05/20 | 13:52

Axentes medioambientais realizaron desde abril máis de mil actuacións no marco do servizo de voluntariado no rural

O programa púxose en marcha no marco das medidas impulsadas polo COVID-19 para facer un seguimento e garantir o acceso a servizos básicos da poboación maior ou con algunha discapacidade

11/05/20 | 13:25

Vázquez salienta a capacidade da iniciativa privada por xerar emprego verde e conseguir que miles de toneladas de residuos se convertan en novas materias primas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visita as instalacións de Sogapol, unha empresa 100% galega que se dedica a recuperar os plásticos que chegan a Sogama no contedor verde polo seu depósito na bolsa negra

07/05/20 | 13:38

Medio Ambiente agarda poder retomar a actividade nos tres parques naturais de Ourense a partir da próxima semana

A conselleira Ángeles Vázquez repasou xunto á delegada territorial da Xunta na provincia e os responsables da xestión destes espazos naturais os traballos de conservación acometidos durante o estado de alarma no Xurés, Serra da Enciña da Lastra e O Invernadoiro

07/05/20 | 11:43

Medio Ambiente reactiva as axudas para actuacións municipais nas Reservas da Biosfera e nos Parques Naturais de Galicia

O DOG publica hoxe unha Resolución pola que se retoman os prazos administrativos para poder solicitar toda unha serie de subvencións da Dirección Xeral de Patrimonio Natural que se viran afectados pola declaración do estado de alarma a mediados de marzo

06/05/20 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convida a máis de 370 profesionais da tecnoloxía e da investigación a achegar solucións novidosas á xestión hídrica a través do proxecto ‘Innovaugas’, dotado con 7 millóns de euros

O inicio hoxe da fase de consultas preliminares ao mercado busca que os centros tecnolóxicos ou os grupos de investigación fagan achegas para perfilar as propostas innovadoras

04/05/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a súa colaboración para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do ’Proxecto Ríos’

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 euros este programa de voluntariado e educación ambiental, no que o Instituto de Estudos do Territorio achega o soporte para a xeorreferenciación

01/05/20 | 12:35

Medio Ambiente compromete o seu apoio expreso á candidatura do Xeoparque Cabo Ortegal ante a Unesco

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, vén de subscribir unha carta de respaldo á iniciativa como paso previo á remisión da proposta á Comisión Nacional Española de Cooperación

28/04/20 | 13:38

A Xunta mantén os traballos de mantemento e conservación da biodiversidade no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Os valores naturais únicos de cada illa obrigan a manter este tipo de traballos, que consisten na detección temperá da fauna e flora de especies exóticas invasoras, avistamento para o control dos varamentos e traballos de mantemento, como a retirada de ramas nos camiños de uso público

27/04/20 | 13:22

A Xunta renova a colaboración coa Federación Galega de Caza para difundir os valores medioambientais asociados á actividade cinexética

A conselleira de Medio Ambiente e o presidente da Federación Galega de Caza mantiveron unha videoconferencia para asinar un convenio de colaboración coa entidade representativa dos cazadores galegos, que organizará xornadas e cursos orientados co fin de que coñezan a caza como un deporte seguro e sustentable, na súa xestión

23/04/20 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 9 M€ ao desenvolvemento de 235 proxectos que impulsan as enerxías renovables e a eficiencia enerxética

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 5,95M€ a 18 proxectos de eficiencia e impulso das renovables nas universidades galegas