Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

03/08/22 | 15:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta aprobará mañá un investimento de preto de 20 millóns de euros para as entidades sociais de Galicia

Valora que esta partida provén da solidariedade dos cidadáns que marcan o recadro social da súa declaración do IRPF
 

03/08/22 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 3 M€ a 224 entidades beneficiarias do Plan Específico de acción comunitaria para a mellora dos seus locais, traídas de auga e adquisición de equipamento

O Goberno galego vén de notificarlles ás entidades beneficiarias a resolución das axudas destinadas a asociacións veciñais, comunidades de usuarios de auga e organizacións de mulleres rurais

02/08/22 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe os mozos saharauís que participan este ano no programa ‘Vacacións en Paz’

O Goberno galego achega 100.000 euros á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para a acollida de 110 nenos e adolescentes
 

02/08/22 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta intensificará o servizo de teleasistencia para chegar a final de ano a preto de 10.000 usuarios

O Goberno galego ampliou a flota de vehículos e renovou o deseño do servizo para facelo máis identificable por parte dos usuarios
 

01/08/22 | 18:55 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a nova residencia de maiores de Cerdedo-Cotobade suma 46 novas prazas públicas á rede de coidados a persoas maiores de Galicia

Salienta que os novos servizos se incorporarán ás 13.000 prazas públicas de residencias existentes na Comunidade, o triplo que no ano 2009

29/07/22 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 30.000 euros para unha Escola do Maior pioneira na parroquia de Carballido, na Fonsagrada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se trata dun proxecto piloto de asistencia no rural que pretende resolver o illamento social e atrasar ou evitar a institucionalización dos usuarios

28/07/22 | 16:25 | C. de Política Social e Igualdade
27/07/22 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor da Asociación Amicos a favor da inserción laboral de persoas con discapacidade co seu programa integrado de emprego

Un cento de persoas de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Noia e Porto do Son forman parte deste programa
 

27/07/22 | 09:59

A Xunta convoca as axudas para apoiar a conciliación dunhas 12.000 familias con bolsas de coidados en concellos, Anpas e entidades de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que activa estas axudas cun orzamento de 6,7M€ dentro do conxunto de actuacións que desenvolve a Administración autonómica con fondos estatais procedentes do Plan Corresponsables
 

26/07/22 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra a importancia de ter en conta a opinión das persoas maiores e de darlles un papel activo na sociedade

José Ignacio Rivera, máis coñecido como Nacho ‘Carballeira’, recibiu o premio ‘Avó de Honra’ polos seus 30 anos de traballo no centro de protección de menores A Carballeira, en Ourense