Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

26/07/21 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a cooperación para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do 'Proxecto Ríos'

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 euros este programa de voluntariado e educación ambiental, que conta con apoio técnico do Instituto de Estudos do Territorio

22/07/21 | 16:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

Feijóo precisa que será un marco normativo que permitirá regular o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración de augas

20/07/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para a redacción do proxecto construtivo de mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín

Os traballos, licitados por un investimento autonómico de máis de 120.000 euros e un prazo de execución de 6 meses, céntranse na definición das actuacións precisas para axustar a capacidade de impulsión á poboación da área rural oeste deste municipio

20/07/21 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a mellora da rede de abastecemento de auga no concello de Vilar de Barrio

A actuación dá resposta á solicitude de colaboración do Concello e recolle as actuacións do proxecto redactado por Augas de Galicia para emendar a escaseza de auga potable en época estival nos núcleo de Barrán, Vilar de Barrio e Bóveda

19/07/21 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG unha nova convocatoria de axudas para a mellora do servizo e da calidade da auga das traídas veciñais cun investimento de 500.000 euros

Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano destinados á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas xestionadas polas comunidades de usuarios

16/07/21 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
15/07/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 263.000 euros a redacción do proxecto da nova depuradora de Cee e Corcubión

A construción da nova depuradora, cun prazo de execución de 12 meses, enmárcase na 2ª fase do Plan de saneamento da ría Cee-Corcubión que está a impulsar o Goberno galego

15/07/21 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no concello de Sada

Trátase de impulsar as actuación para reducir o risco de asolagamento na zona das Brañas e a desembocadura do río, declarada como área de risco potencial significativo de inundación

14/07/21 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López avanza que a Xunta aprobará este verán o proxecto de mellora integral do abastecemento de Arbo, cun orzamento de 2 M€

O delegado territorial, acompañado do alcalde Horacio Gil, informou do estado de tramitación desta actuación nunha visita de supervisión aos traballos de impermeabilización dos depósitos