Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

13/01/20 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a primeira fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria, cun investimento de 24,6 millóns de euros, para iniciar as obras a mediados de ano

Vázquez Mourelle explica que é a maior licitación da Xunta en estradas da provincia na última década e que os Orzamentos da Xunta deste ano reservan xa unha partida de 3 millóns de euros para a súa execución

13/01/20 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta de Galicia comeza hoxe as obras do complexo intermodal de Pontevedra

O proxecto iníciase co acondicionamento da terminal de autobuses, que suporá unha reforma funcional, estética e de eficiencia enerxética das instalacións

12/01/20 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana as obras de mellora na glorieta do ramal de Cangas, á saída da autovía do Morrazo

Estes traballos, cun investimento de case 50.000 euros, levaranse a cabo na rotonda situada no punto quilométrico 21+350 da estrada PO-551, en Cangas

10/01/20 | 16:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Infraestruturas informa ao alcalde da Estrada do avance nos traballos para impulsar conxuntamente os dous primeiros treitos da prolongación da autovía AG-59

Trátase dun total de 7,5 quilómetros de vía de altas prestacións libres de peaxe, entre A Ramallosa e o enlace coa PO-841

10/01/20 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

Esta intervención na estrada autonómica que une O Porriño e Gondomar eliminará un treito de concentración de accidentes e as empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 5 de febreiro

09/01/20 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cores Tourís comproba a adecuación do entorno do conxunto de hórreos do núcleo de Parada en Campo Lameiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 14.000 euros destinados dende a Consellería de Cultura para este fin a través dunha subvención para mellora de infraestruturas turísticas

08/01/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada Viveiro- Cabreiros

A actuación incluirá o redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado ou a ordenación de xiros á esquerda

03/01/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do Concello de Ribadumia dun treito da estrada provincial que atravesa o núcleo de Barrantes e coincide coa rúa Condesa

Trátase dun treito urbano de 112 metros, con presenza de edificacións, zonas de aparcamento e numerosos comercios a ambas marxes

02/01/20 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta contrata a actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación en Galicia-Costa para o ciclo 2021-2027, cun investimento de máis de 200.000 euros

Este actuación forma parte do traballo de prevención e preparación ante os desafíos derivados do cambio climático e ten un prazo de execución de 12 meses