Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

07/02/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/02/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o inicio hoxe da información pública do proxecto para construír a variante de Ribeira, na que a Xunta investirá case 9,5 millóns de euros

Vázquez Mourelle detalla que dende o luns e ata o 24 de abril, os veciños e calquera interesado poden facer consideracións para mellorar aínda máis o trazado

07/02/20 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Corina Porro supervisa as obras de mellora da accesibilidade do itinerario peonil na PO-552 ao seu paso polo concello de Nigrán

Os traballos consistiron na execución dunha senda peonil no entorno da intersección da AG-57 e ata a rúa Rans nos que se investiron más de 41.000 euros

06/02/20 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta renovará integramente as varandas das dúas marxes da ponte do Mazadoiro de Sarria

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que actuación servirá para reforzar a seguridade dos usuarios

06/02/20 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará nas vindeiras semanas as obras de conservación e humanización da contorna da Ponte Vella de Ourense, que inclúen a construción dun novo parque de skate no barrio do Couto

Estas obras, enmarcadas na 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella, centraranse na conservación da ponte e na mellora da contorna da Capela dos Remedios

06/02/20 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ovidio Rodeiro destaca o investimento de máis de 126M€ nos distintos plans, programas e actuacións da Xunta na área de Santiago en 2019

A Xunta destina máis de 31 millóns de euros a obras, a saneamento, a sendas peonís e a reforzos de firmes

05/02/20 | 19:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda unha reunión da comisión de seguimento da estación intermodal de Ourense para que o Ministerio de Transportes aclare as incertezas sobre a terminal ferroviaria

A conselleira aposta por demandar do Goberno central concreción sobre a estación de tren da intermodal e sobre o AVE, en lugar de “facer de comparsa” e de tratar de tapar os seus incumprimentos cos ourensáns e cos galegos

05/02/20 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta arranxará a estrada que comunica os concellos lugueses da Pastoriza e Riotorto

O conselleiro do Medio Rural reuniuse cos alcaldes de ambos os dous municipios para avaliar esa colaboración, co fin de mellorar o enlace entre os núcleos de Bretoña e As Rodrigas por Luxilde

05/02/20 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto para a humanización da avenida do Bierzo, na estrada OU-622

Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses

04/02/20 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que o acondicionamento da estrada AC-934, en Sobrado, mellorará a seguridade viaria dos veciños e dos peregrinos que fagan o Camiño no Xacobeo 2021

Vázquez Mourelle destaca que a intervención no treito de 4,5 km, entre o límite da provincia e o cruce de Abeleiras, dotará á estrada dunha imaxe moi distinta á actual, facéndoa máis segura, ordenada e confortable para os seus usuarios