Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

21/01/22 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que o Plan Xacobeo Next Generation permitirá destinar a Galicia máis de 39M€ para a reactivación do turismo neste Ano Santo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o investimento do Goberno galego de máis de 171M€ en dous anos no Xacobeo 21-22 e sinalou a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos para dar a coñecer este evento

20/01/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial enogastronómico de Galicia para atraer turistas e reforzar a comunidade como destino de calidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación de “Galicia sabe a estrelas” con recoñecidos chefs, onde destacaron a excelencia da cociña galega grazas á calidade dos produtos e a profesionalización do sector

20/01/22 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a Galicia como referente do turismo deportivo e o reclamo que supón para promocionar a comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nas presentacións do Real Club Celta e o Campionato do Mundo da Clase 6 metros de vela en Sanxenxo

19/01/22 | 19:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño e ao Xacobeo da marca Mar de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación deste produto turístico que promoven os concellos de Vilanova de Arousa, Valga, Catoira e Pontecesures a través dunha ruta fluvial que recrea a Traslatio do Apostólo Santiago

19/01/22 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por potenciar o turismo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través dunha ruta fluvial no Miño

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Fitur o proxecto “Río Miño, un destino navegable”, incluído no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e que conta cun orzamento de 1,1M€

19/01/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola promoción de produtos turísticos sostibles da man do Clúster Turismo de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe a campaña de creación do Club de produto sostible e as estratexias para súa comercialización que o Clúster Turismo de Galicia deu a coñecer en Fitur

19/01/22 | 14:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que Galicia está enfocada neste 2022 a ser un destino internacional de referencia

Avanza unha nova edición para este 2022 do Bono turístico, con descontos nos hoteis galegos e que, desde a súa posta en marcha, entregou xa 12.000 tarxetas

17/01/22 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a recuperación da actividade turística en 2021, 25 puntos por riba da media nacional

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, lembrou hoxe xunto con representantes do Clúster Turismo de Galicia, que a comunidade galega estivo de moda o ano pasado grazas ao reforzo da mensaxe como destino seguro e de calidade