Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

06/05/21 | 14:41

Os veciños do conxunto histórico de Tui interesados en vender unha propiedade poden presentar unha oferta ao programa Rexurbe antes do 9 de xullo

A Xunta pretende adquirir este ano inmobles do municipio para rehabilitar, por importe de 250.000 euros, unha contía que se pode ampliar

05/05/21 | 14:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo eloxia o compromiso da arquitectura de Galicia coa recuperación urbana, paisaxística e coa sustentabilidade para deseñar as vilas e cidades do mañá

Incide na importancia da arquitectura como elemento dinamizador da economía, do turismo e da demografía, “un sector que ten moito que dicir na reconstrución económica que afrontamos”

05/05/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica tres vivendas de promoción pública nas rúas Ribeira Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16 no casco vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que é o undécimo sorteo convocado polo CCVV

04/05/21 | 15:20

Ribadavia deberá incluír os inmobles da súa propiedade pendentes de rehabilitación no Plan de dinamización da Área Rexurbe

O futuro documento, que debe redactar o propio Concello, incluirá as actuacións previstas neste ámbito e as estratexias a seguir para acadar os resultados previstos

28/04/21 | 15:36

A Xunta entrega tres vivendas protexidas en Pontevedra tras investir 200.000 euros na súa rehabilitación e mellora enerxética

Ángeles Vázquez felicita ás tres familias adxudicatarias, que pagarán unha renda de 91 euros ao mes por pisos de 75 m2, tres habitacións, terraza e rocho

28/04/21 | 13:33

A Xunta solicita compromiso e responsabilidade na tramitación municipal do proxecto de urbanización de San Paio de Navia para que os veciños poidan acceder ás 1.600 vivendas previstas

Ángeles Vázquez avanza que o Instituto Galego da Vivenda e Solo vén de remitir o proxecto da fase 1 ao Concello, para a súa aprobación definitiva coa que se poderá iniciar a urbanización e comercialización do solo

26/04/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública na rúa Fermín Rivera, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno autonómico conta cun parque de 2890 vivendas na capital

25/04/21 | 11:48

A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade prorrogan a súa colaboración para avanzar na dixitalización da información dos títulos propietarios

Cooperarán nos vindeiros catro anos no intercambio de información gráfica e alfanumérica en materia urbanística

24/04/21 | 10:37

O prazo para solicitar unha axuda ao alugueiro remata o vindeiro venres 30 de abril

Esta liña de incentivos para o presente exercicio establece un orzamento global de 2,27 millóns de euros