Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

27/01/22 | 18:58 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e as 58 federacións comezan a preparar os procesos electorais de 2022, coincidindo cos Xogos Olímpicos de Inverno

As novidades incluídas no proceso “establecen unha serie de dereitos deberes, requisitos e condicións no desenvolvemento destes, co fin de conseguir unha participación maioritaria, plena e igual de todas as persoas que integran as federacións”

26/01/22 | 17:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o "excelente nivel" do deporte tudense que en 2021 recibiu preto de 150.000 euros en axudas e outros 52.000 para infraestruturas

O vídeo marcador para o pavillón municipal contou cun orzamento duns 26.000 euros e o equipamento para o Centro ‘Quique Míguez’, outros 26.000. Ambas actuacións foron cofinanciadas entre Xunta (ao redor do 80%) e concello (o restante 20%)

26/01/22 | 17:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Concello iluminan o estadio de fútbol municipal de Forcarei 'As Maleitas' cunha achega de máis de 85.000 euros

Lete Lasa destaca que os catro soportes de 18 metros de altura e instalación de proxectores con tecnoloxía LED plenamente operativos “mellorarán notablemente a práctica do fútbol no estadio municipal no que disputa os seus partidos a Escola de Fútbol Base Terra de Montes que conta con máis dun medio centenar de licenzas base e femininas”

26/01/22 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina aos clubs deportivos do sur lucense 108.000 euros para a súa reactivación, a compra de equipamento e a loita contra a pandemia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu 55 axudas directas nas comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos

19/01/22 | 17:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Tres concellos da comarca viguesa -Mos, Porriño e Salceda- renovan as súas infraestruturas deportivas cunha achega de máis de 90.000 euros

En Mos levouse a cabo unha pista polideportiva e adquiriuse equipamento para os ximnasios dos Campos de Fútbol das Baloutas e Coto Torrón e do pavillón Óscar Pereiro, mentres que en Porriño e Salceda instaláronse senllos vídeo marcadores

18/01/22 | 18:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta a Copa da Raíña de Voleibol de Lugo como "a gran festa nacional do deporte feminino"

Asegura que, eventos desta índole, contribúen ao incremento das licenzas galegas de voleibol que, desde 2009 medraron un 51% ata acadar preto de 3.500 e as femininas, que representan o 71% do total, subiron aínda máis, un 59% ata preto de 2.500

14/01/22 | 20:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola volta ciclista “O gran Camiño” como punto de partida da gran peregrinación a Galicia no 2022

O Goberno galego celebra a recuperación da carreira galega, que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro, como escaparate do potencial turístico de Galicia en pleno Xacobeo

13/01/22 | 18:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaría xeral para o Deporte xa traballa na canle de augas bravas no río Xallas

Lete Lasa reitera o seu compromiso e expresa a súa satisfacción por poder dar continuidade ao traballo iniciado na tempada 2014-2015 cun achegamento previo para coñecer a realidade do terreo onde se prevé instalar a canle

12/01/22 | 18:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

A cidade de Ourense afianza a súa posición como referente deportivo co campionato de España absoluto de atletismo e as obras do Couto

O proxecto de reforma e ampliación do estadio do Couto terá un orzamento de 2 millóns de euros e estará rematado en 2023, data na que tamén se renovará o terreo de xogo con outra achega de 700.000 euros

10/01/22 | 15:03 | Secretaría Xeral para o Deporte

Quiroga mellora o campo de fútbol do San Martiño grazas a unha obra conveniada coa Xunta por importe de preto de 50.000 euros

A obra ocupouse da substitución do sistema de rego actual, dotándose dun sistema moderno e automatizado, así como da sementeira do terreo de xogo do campo grande de herba natural