Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Cultura:

08/08/20 | 09:40 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta avanza no Plan de mellora da cobertura móbil con medicións sobre o terreo nos concellos adheridos

Estanse a realizar coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia para verificar as deficiencias sinaladas polas entidades locais

02/08/20 | 11:51 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta pon en marcha o nodo de ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns

CIBER.gal é un instrumento de cooperación ao que se suman se suman a Fegamp, as catro deputacións e dous ministerios e aberto á adhesión doutros axentes públicos e privados para impulsar a concienciación e a formación de cidadáns e empresas, dar resposta a retos complexos e promover a xeración de talento neste eido

01/08/20 | 10:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os galegos xa poden consultar na sede electrónica as notificacións electrónicas e obter copias dixitais auténticas da documentación que acheguen en papel para as súas xestións

Son os dous últimos servizos que se incorporan á sede electrónica da Xunta, que entre xaneiro e xuño rexistrou máis de medio millón de trámites online

30/07/20 | 15:57 | C. de Sanidade; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia iniciará unha experiencia piloto no mes de agosto a través da aplicación móbil ‘PassCOVID’ para que os cidadáns poidan acceder a toda a información sobre a pandemia

Feijóo avanza que esta aplicación podería implementarse no mes de setembro despois de ser testada en agosto, nun grupo pechado de persoas, e presentada ao Goberno central

26/07/20 | 12:27 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo aceleratech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

E unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación impartido pola escola de negocios da Fundacion Abanca IESIDE para que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan as tecnoloxías disruptivas que marcarán a vindeira década

23/07/20 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a súa aposta pola transformación dixital para a recuperación do mercado de traballo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Santiago de Compostela no webinario #AutónomosDixitais e nun encontro virtual sobre empregabilidade dixital

18/07/20 | 11:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ponte Caldelas a aposta pola dixitalización das pemes galegas para fortalecer a súa competitividade e internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou a compañía Arnoia Distribución de Libros, onde salientou que os investimentos 4.0 reforzan o tecido empresarial galego

18/07/20 | 10:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca o II Premio Empregados Públicos Innovadores para acadar unha administración máis eficiente, moderna e innovadora

Esta iniciativa enmárcase no Programa de Impulso da Compra Pública de Innovación, que persegue consolidar a Galicia como referente neste instrumento que fomenta a innovación a través da contratación pública

29/06/20 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela a fomentar a dixitalización do tecido empresarial para abrir novas oportunidades de internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no webinario #SeguimosAdiante, onde informou sobre o programa Galicia Exporta Dixital, pensado para o impulso das novas tecnoloxías e da proxección internacional

20/06/20 | 11:52 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os galegos realizaron preto de medio millón de trámites online coa Xunta durante o estado de alarma

O proceso de dixitalización en marcha e o reforzo das infraestruturas tecnolóxicas facilitaron relación telemática dos cidadáns e a dispoñibilidade dos servizos dixitais