Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Benestar:

31/05/20 | 11:37

Avistadas crías de píllara das dunas en varios areais de Ferrolterra

A píllara das dunas é unha especie vulnerable que realiza as postas de ovos directamente sobre a area, polo que ovos e poliños están sempre no chan ata que aprenden a voar

30/05/20 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no desenvolvemento das aldeas modelo ourensás de Penedo-Boborás e Trabazón-O Irixo con proxectos agrogandeiros en ecolóxico

Técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse cos alcaldes de ambos municipios e cos promotores que van implantar actividades de produción de gando porcino e aviar autóctono nestes núcleos de poboación

28/05/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solta 500 troitas na lagoa de Mina Mercedes no Concello de Valga

Os exemplares contan cun tamaño medio, duns 20 centímetros, co obxectivo de relanzar a actividade neste couto.

27/05/20 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza rozas e limpeza en máis de 30 estradas autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria

As tarefas comezaron a semana pasada en vías da Mariña luguesa e do Baixo Miño e continúan esta semana na área da Coruña, Ferrol, Baixa Limia, Viana ou Vigo

27/05/20 | 10:50

A Xunta analiza cos alcaldes dos municipios pertencentes ao parque Baixa Limia-Serra do Xurés os labores de mantemento e conservación

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, mantivo unha videoconferencia coa responsable deste enclave natural e cos rexedores para dar conta dos traballos realizados durante o estado de alarma e avaliar as futuras actuacións

25/05/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

A Xunta pechará dous días ao tráfico un treito da estrada LU-862 en Xove para continuar coa retirada de árbores como medida de prevención de lumes

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que se habilitará un itinerario alternativo os días 26 e 27 entre as 8,30 e as 20,00 horas

21/05/20 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Deputación de Pontevedra aproban por unanimidade tódolos puntos do día do Pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios

Os datos do exercicio 2019 revelan a boa saúde económica deste ente que cumpre coa estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o límite de débeda

21/05/20 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ovidio Rodeiro destacou que o número de concellos adheridos ao convenio para a prevención de incendios ascende a 9 na comarca da Coruña incorporando 40 brigadistas

O delegado territorial informou que Abegondo , Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, A Coruña, Curtis, Irixoa, Mesía, Sobrado, Vilasantar están adheridos tamén ao convenio de xestión da biomasa para a limpeza de faixas secundarias

20/05/20 | 11:30

Un proxecto coordinado desde Galicia apunta ao uso de enerxía renovable e combustibles alternativos como chaves no futuro da construción naval

O Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería do Mar e coordinador do proxecto europeo MATES, presentará o venres nun seminario virtual os avances desta investigación coa que se busca impulsar a economía azul

13/05/20 | 12:11

Medio Ambiente convoca por máis de 4 millóns de euros as axudas para actuacións de xestión dos residuos municipais

Unha das novidades da convocatoria, que rexerá no período 2020-2021, é que por primeira vez se inclúe como subvencionable a compra de vehículos para a recollida separada da fracción orgánica