Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

28/01/21 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Gudiña

Gabriel Alén tivo a ocasión de repasar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio ambiente e infraestruturas turísticas

25/01/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora da eficiencia enerxética do alumeado na Casa do Concello de Vilamarín e do auditorio municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobaron as melloras realizadas nestes edificios no marco do Fondo de Compensación Ambiental

25/01/21 | 12:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que o Consello Consultivo é un piar básico do autogoberno: un espazo plural e independente que vela polas institucións de todos

Nuns tempos marcados por unha profunda incerteza e a desafección, incide na importancia da labor das institucións públicas para “converter os pousos da desafección nuns afectos e vínculos renovados”

22/01/21 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a Fegamp avanzan na renovación da Axenda Social Única, que fixará os obxectivos en materia de inclusión para os próximos catro anos

A Axenda Social Única 2016-2020 logrou materializar o 96% das súas iniciativas e nela investíronse 162 millóns de euros

22/01/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 2,5 M€ a axudas ás asociacións de veciños, de mulleres rurais de Galicia e comunidades de usuarios de augas para mellorar a calidade de vida local

As axudas teñen como finalidade fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e contan cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras de mellora nos locais sociais e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos

20/01/21 | 17:39

Medio Ambiente estudará a súa posible colaboración co Concello de Piñor nun proxecto de rehabilitación con fins residenciais

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde José Luis González reuníronse hoxe para tratar asuntos de interese municipal en materia de vivenda e urbanismo

19/01/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/01/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Peroxa

Gabriel Alén analizou co rexedor as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica