Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

18/02/20 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a orde que facilita a execución de obras menores nas marxes das estradas autonómicas e locais sen autorización autonómica

O Diario Oficial de Galicia recolle o modelo de comunicación previa para desenvolver actuacións menores nas estradas, que debe presentarse cunha antelación mínima de 15 días ao seu inicio e executarse no prazo máximo de 1 ano

18/02/20 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa da licitación hoxe das obras da 2ª fase de posta en valor da Ponte Romana e da mellora da rúa Marcelo Macías, en Ourense, que comezarán en verán

Vázquez Mourelle sinala que as empresas interesadas en executar os traballos dispoñen ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas

18/02/20 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 24 empresas presentan as súas ofertas para executar a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes, cun investimento de preto de 650.000 euros

Este itinerario desenvolverase pola marxe dereita da estrada AC-524 e permitirá separar o tráfico peonil do tráfico rodado nun itinerario de case 1,3 quilómetros, proxectándose tamén unha pasarela para salvar o río Cabrón

18/02/20 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a primeira fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria, cun investimento de 24,6 millóns de euros

Este proxecto, cuxas obras comezarán a mediados de ano, arrincará con 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro

17/02/20 | 17:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza cos veciños de Valadares e cos comerciantes de Pereiró o proxecto de mellora da estrada PO-330 no concello de Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convidou aos destinatarios da actuación a formular as súas demandas concretas sobre as obras

17/02/20 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Francés no barrio compostelán de San Lázaro, cun investimento duns 730.000 euros

Os traballos están a acometerse desde a pasada semana no treito que dá acceso ao Palacio de Congresos de Galicia, entre a SC-20 e a rúa Miguel Ferro Caaveiro

17/02/20 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/02/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello da Estrada da titularidade da vía provincial Berres- Vilancosta

Trátase dunha vía de 1,2 quilómetros que discorre polo concello, dando acceso ao lugar de Vilancosta desde o lugar de Berres

16/02/20 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezanove empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda peonil e ciclistas entre Coirados e Pardavila, en Marín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza na contratación destas obras, xa licitadas, ás que se destina un investimento autonómico de 720.000 euros

15/02/20 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda na estrada LU-633 en Portomarín, cun investimento autonómico de preto de 285.000 euros

Trátase dun itinerario de 260 metros que mellora a seguridade de peregrinos e veciños nun treito do Camiño Francés, entre a baixada fronte ao albergue desta zona ata a entrada da ponte de acceso á vila lucense