Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

29/01/20 | 17:17 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo compromete a licitación neste 2020 do proxecto construtivo do novo Hospital Público da Coruña que contará co dobre de superficie hospitalaria para máis urxencias, consultas ou quirófanos

Precisa que esta nova infraestrutura contará cun investimento de 395 M€, que se sumarán aos 100 M€ que xa se investiron para renovar o 70% do hospital actual

28/01/20 | 10:36 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña o compromiso dos cidadáns coa doazón de sangue e lembra a necesidade de aumentar as reservas dos grupos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo

Vázquez Almuiña doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro

27/01/20 | 10:20 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 44 persoas por 36 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 24 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 39 chamadas por accidentes de tráfico

26/01/20 | 11:11 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un novo programa de voluntariado para o acompañamento en hospitais e centros de saúde

Mañá luns ábrese o prazo de inscrición neste programa de humanización para as áreas sanitarias de Lugo e Ourense

26/01/20 | 10:41 | C. de Sanidade

Almuiña trasladará ao ministro de Sanidade a necesidade de eliminar a taxa de reposición para favorecer a estabilidade dos profesionais

O conselleiro de Sanidade vén de solicitar por carta un encontro con Salvador Illa, ministro de Sanidade para abordar tamén o futuro do sistema común de formación sanitaria especializada (MIR)

25/01/20 | 10:22 | C. de Sanidade

Nove de cada dez médicos de familia que rematan a súa formación na nosa Comunidade continúan no Sergas

Galicia está a formar ao maior número de profesionais especialistas de atención primaria da súa historia, cun total de 129 prazas MIR de familia, 27 prazas de pediatría, e 34 prazas de enfermería de familia

24/01/20 | 14:58 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

Profesionais do Hospital Meixoeiro plantan 30 carballos para conmemorar os 30 anos de historia deste hospital

Representantes das principais categorías profesionais, sindicatos, persoal xubilado e asociacións de pacientes, plantaron hoxe unha árbore como “símbolo de vida e esperanza”

24/01/20 | 12:36 | C. de Sanidade

Sanidade está a elaborar o novo Plan galego contra o cancro coa participación de profesionais sanitarios e pacientes

O plan contará, dixo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, coa correspondente dotación económica para levalo a cabo