Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/02/20 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504, en San Cristovo de Regodeigón, no Concello de Ribadavia

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, terá un prazo duns seis meses

27/02/20 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo mañá a variante de Salgueiroas, en Santa Comba, tras un investimento de 4,3 millóns de euros

Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba

24/02/20 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo Concello de Arteixo

Esta actuación enmárcase na estratexia da Xunta para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica

24/02/20 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas para incrementar a seguridade dos deportistas

O Goberno galego dá un novo paso administrativo coa contratación destas actuacións, por un investimento de 220.000 euros e cuxa presentación de ofertas finaliza o vindeiro 23 de marzo

23/02/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no concello de Ortigueira

Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo

22/02/20 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Concello de Cambre o proxecto definitivo e o convenio de colaboración para executar a mellora da estrada AC-214 en Sigrás

O orzamento autonómico para a execución das actuacións previstas, dende a intersección tipo glorieta coa AC-213 e a N-550, estímase en máis de 740.000 euros

21/02/20 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa do inicio hoxe da información pública do proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte ata a estrada de Camariñas

Vázquez Mourelle indica que os interesados poderán presentar achegas para mellorar o proxecto ata o vindeiro 7 de abril

21/02/20 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 470.000 euros as obras de execución dos itinerarios peonis e ciclistas en Fontán, e entre Mandín e As Torres, ao seu paso polos concellos de Sada e Oleiros

As empresas interesadas nesta actuación, que dispón dun prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 18 de marzo

21/02/20 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar a vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre a A-55 e o enlace de Areas

A Xunta iniciará a mediados do ano a construción da que será a nova autovía autonómica AG-42, cun investimento de máis de 21,2 millóns de euros

21/02/20 | 11:53

As obras da segunda fase do proxecto da Vía Verde do Salnés comezarán a mediados de marzo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Portas asinaron esta mañá o convenio de colaboración que prevé un orzamento de case 200.000 euros, achegados integramente polo Goberno galego