Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Cultura:

03/03/20 | 17:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada PO-308 en Chancelas, no concello de Poio, co fin de reforzar a seguridade viaria

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 38.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución dun mes

03/03/20 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o decreto que facilita a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos sen autorización previa de augas de Galicia

Esta normativa, que amplía o catálogo de actuacións a acometer ao carón dos leitos fluviais con só unha declaración responsable, entrará en vigor o 23 de marzo

03/03/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de acondicionamento da estrada que une Valdoviño e Cedeira

Esta intervención dispón dun orzamento que ascende a máis de 4,6 millóns de euros, nos que se inclúe as expropiacións dos 136 predios necesarios para intervir en preto de 4 quilómetros da estrada autonómica AC-566

02/03/20 | 18:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda un compromiso firme por potenciar a competitividade do noroeste peninsular a través do Corredor Atlántico de Mercadorías

Ethel Vázquez lembra a alianza de éxito formada polas forzas políticas, económicas e sociais de Galicia, Castela e León e Asturias, que conseguiu o respaldo da UE para a incorporación do Noroeste ao Corredor Atlántico

02/03/20 | 15:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 1,3 millóns de euros actuacións de mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8, en Lugo

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 30 de marzo, cuxo prazo de execución é de 6 meses

02/03/20 | 15:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a execución dunha nova cuneta na autovía AG-64, no concello das Pontes, cun investimento de máis de 583.000 euros

As empresas interesadas na realización destas actuacións, que comezarán no verán, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de marzo

02/03/20 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta explícalles aos veciños do Couto, en Ponteceso, o proxecto de senda peonil que se prevé construír na marxe da estrada AC-424 para mellorar a seguridade viaria

O proxecto, que supón un investimento de 270.000 euros, está actualmente a información pública e os interesados teñen ata o 31 de marzo para presentar as súas achegas

02/03/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago, ao seu paso pola rúa Escurridía e a Ponte Vella

Esta actuación dispón dun investimento de preto de 245.000 euros, no que se inclúe o pagamento dos terreos necesarios para executar esta actuación en Conxo

29/02/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo a senda peonil e ciclista na estrada LU-232, na contorna do polígono industrial de Friol

Esta actuación, cun orzamento de case 214.000 euros, comezou a executarse no pasado mes de setembro

28/02/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre a variante de Salgueiroas, no concello de Santa Comba

Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba, cun investimento de 4,3 millóns de euros