Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

26/05/21 | 20:33

Galicia reclama ao Goberno que axilice os fondos europeos destinados a vivenda e simplifique a súa tramitación administrativa

Á falta de concreción por parte do Estado, a Xunta calcula que á Comunidade lle corresponderían algo máis de 230 millóns de euros

26/05/21 | 14:53

A Xunta licita a redacción dos proxectos do parque empresarial de Pontecesures por un importe de preto de 100.000 euros

O futuro polígono terá unha superficie total de ao redor de 304.000 metros cadrados, dos que máis de 182.000 se corresponderán coas aproximadamente 21 parcelas destinadas a uso industrial e comercial nos que quedarán divididos

25/05/21 | 14:44

A Xunta entrega sete vivendas de promoción pública en Ferrol

Trátase de vivendas destinadas a menores de 35 anos ou maiores de 65

20/05/21 | 12:33

Galicia esixe ao Goberno central claridade e concreción sobre a aplicación dos fondos europeos para vivenda

Está previsto que a vindeira semana o Ministerio dea a coñecer os criterios de reparto dos 3.970 M€ dispoñibles para programas no eido residencial

18/05/21 | 12:53

A Xunta anima a pedir ata finais de xullo as axudas para rehabilitación enerxética de edificios, que están recibindo máis dun cento de solicitudes cada mes

A responsable autonómica subliña que a convocatoria deste ano, dotada con 5,5 millóns de euros para melloras na envolvente térmica, uso de renovables en instalacións térmicas ou renovación da iluminación, estará aberta ata o 31 de xullo

11/05/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta completa a presentación no Concello de Vigo dos proxectos de urbanización para a ampliación de San Paio de Navia

Unha vez que o Goberno local aprobe os documentos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá comprar os terreos que faltan e licitar a primeira fase da obra

11/05/21 | 12:35

A Xunta sortea oito vivendas de promoción pública na provincia de Ourense

Cinco dos inmobles sitúanse no concello do Carballiño, mentres que os outros tres están en Verín, Carballeda de Valdeorras e Carballeda de Avia

07/05/21 | 15:05

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública na rúa Vía Láctea de Cervo

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno autonómico conta cun parque de case un cento de vivendas no municipio

07/05/21 | 11:36

Xunta e empresarios da construción renovan a súa colaboración para fomentar a rehabilitación e difundir as axudas existentes

Ángeles Vázquez destaca o papel desta entidade para canalizar, entre o tecido empresarial e os particulares, os programas en materia de rehabilitación vivendas que ofrece o IGVS