Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

20/04/22 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico 'Quedamos en Galicia 2022' xa ten adheridos máis de 800 establecementos de toda a Comunidade e 122 do Salnés

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou a nova campaña nunha visita ao Gran Talaso Hotel, que recibíu case 300 tarxetas na convocatoria anterior e ocupou o 12º posto de toda a comunidade

18/04/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva o gran traballo do sector turístico galego nunha Semana Santa que remata cunha ocupación media por riba do 80%

As reservas de última hora e o bo tempo animaron a viaxeiros que escolleron Galicia como destino, o que permitiu rematar a Semana Santa cunha ocupación superior ás previsións establecidas polo sector

17/04/22 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do sector vitivinícola no desenvolvemento dun turismo de calidade e sustentable

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á clausura da XL Feira do Viño de Quiroga, onde destacou o potencial do enoturismo para fomentar a actividade turística e a dinamización económica das zonas das Denominación de Orixe vitivinícolas

12/04/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita a área termal de barbantes co gallo da súa apertura

O delegado territorial significou que ‘esta normativa supón un instrumento necesario para pór en valor e á disposición dos usuarios, nas mellores condicións hixiénico sanitarias, este recurso natural na que a nosa provincia é unha potencia mundial’

12/04/22 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que as boas perspectivas para a Semana Santa colocan a Galicia no liderado da recuperación turística da man do Xacobeo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo esta mañá un tramo do Camiño Primitivo dende Baleira ata Lugo

11/04/22 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a unión entre o Camiño de Santiago e o termalismo para facer de Galicia un destino turístico único

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da publicación “Balnearios dos Camiños de Santiago en Galicia”, da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC coa que o Goberno galego colabora desde 2014 para apoiar a investigación neste ámbito