Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Sanidade:

27/11/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

27/11/21 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para dar resposta ao aumento de poboación refuxiada en Uganda e á crise sanitaria en Iemen a causa da covid

Coa activación do convenio perante emerxencias humanitarias espérase beneficiar a preto dun millar de persoas a través do reforzo e aprovisionamento de medicamentos para o tratamento específico da poboación refuxiada en Uganda

27/11/21 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Cartelle na adquisición dun vehículo pick-up

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, indicou que o vehículo está financiado a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental cun importe de máis de 26.000 euros

25/11/21 | 20:25 | C. do Medio Rural

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2022 con 5,6 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no pleno do Consorcio, no que tamén se acordou a ampliación da plantilla nos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte e melloras nas instalacións dos de Monforte e Barreiros

24/11/21 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do GES de Cervo que atende as incidencias deste concello e das de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove

24/11/21 | 09:32 | C. do Medio Rural

Controlado o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira

Segundo as últimas estimacións provisionais, que se revisarán ao longo do día, a superficie afectada supera as 20 hectáreas

24/11/21 | 09:24 | C. do Medio Rural

Estabilizado o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira

Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas

23/11/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementará o cadro de persoal dos subGES de Muíños e Lobios para equiparalos aos 12 efectivos dos GES

Na provincia ourensá tamén verán incrementados o número de efectivos os grupos de Laza, Ribadavia e Avión

18/11/21 | 20:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Vilagarcía para a súa atención cidadá

O delegado territorial en Pontevedra visita a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 35 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”

17/11/21 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión na que o Goberno central aprobou emitir o informe pendente sobre o Plan de Emerxencia do polígono da Grela Bens

A Xunta remitira xa en decembro do ano pasado ao Ministerio do Interior o informe favorable da Comisión Galega de Protección Civil indicando a importancia de aprobar a revisión do plan canto antes ao modificarse os radios de afección