Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

04/10/20 | 11:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Un total de 19 estudantes de carreiras non tecnolóxicas acceden ás bolsas DigiTalent da Amtega para realizar prácticas en empresas TIC

É unha das iniciativas Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais

01/10/20 | 17:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia culminou con éxito esta mañá o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

Supuxo a migración das canles de TDT a novas frecuencias para deixar libre a banda que ocuparán as novas redes de telecomunicacións 5G

24/09/20 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforza a actividade educativa cun plan de educación non presencial e semipresencial que permitirá aos alumnos contar con 55.000 dispositivos dixitais

“Estamos a falar dun plan para afrontar coas máximas garantías o curso e estar preparados para calquera situación que obrigue a suspender a educación presencial”, subliña

22/09/20 | 18:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a formación en administración electrónica dirixida ao persoal empregado público de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública iniciou hoxe unha nova edición do curso superior de administración electrónica

20/09/20 | 10:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis do 88% dos fogares galegos teñen Internet contratado, unha porcentaxe que ascende ao 99% se conviven nenos en idade escolar

No último ano os fogares que dispoñen de velocidades de máis de 100 Mbps incrementáronse en máis dun 81%

20/09/20 | 10:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 250 xestores culturais participan no plan de formación en transformación dixital tras triplicar o seu número de prazas

A boa acollida da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, obrigou a incrementar a oferta inicial

13/09/20 | 10:55 | C. do Medio Rural

A sede da Xunta en Lugo acollerá unha xornada sobre a xestión técnica e económica das explotacións mediante as novas tecnoloxías e o benchmarking

A acción formativa, organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, terá lugar o vindeiro venres 18 de setembro

29/08/20 | 13:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia consegue un novo piloto 5G por importe de 9 millóns de euros na segunda convocatoria estatal de axudas para probar esta tecnoloxía

É o segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos nas diferentes comunidades autónomas e permitirá desenvolver 14 casos de uso en Galicia

18/08/20 | 14:47 | C. de Sanidade

Galicia comunícalle ao Ministerio de Sanidade a súa adhesión á aplicación estatal de rastrexo ‘Radar Covid’

A comunidade galega súmase ás rexións que xa comunicaron a súa vontade de empregar a app de rastrexo ‘Radar Covid’

15/08/20 | 11:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As empresas de telecomunicacións aglutinan preto do 39% das mulleres do hipersector TIC

A porcentaxe de mulleres no conxunto do Hipersector TIC galego mantense en cifras similares á do ano pasado cun 33,4% de traballadoras