Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

19/10/22 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reclama que o Cumio Ibérico de Viana do Castelo marque un punto de inflexión no impulso polo Goberno de España do tren Vigo-Porto e inicie o diálogo sobre a Ponte Internacional

Vázquez Mourelle reclama unha planificación completa para desenvolver as actuacións e os investimentos necesarios para desenvolver en territorio español a conexión en alta velocidade con Portugal

18/10/22 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/10/22 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o informe de impacto ambiental do proxecto de mellora dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Remata a tramitación ambiental do deseño dos accesos do Novo CHUAC, garantindo ao máximo a integración e a funcionalidade, co menor impacto visual e integrados na trama urbana da cidade

17/10/22 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial supervisa as obras de instalación dun ascensor na rúa Ervedelo de Ourense ao abeiro das axudas de accesibilidade da Xunta

Gabriel Alén lembrou que a Xunta de Galicia ten aberto dende o pasado 5 de outubro a convocatoria do programa de axudas para financiar obras de mellora da accesibilidade no eido residencial, cun orzamento previsto para este ano de 4,3 millóns de euros

17/10/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala 10 novas marquesiñas en contornas rurais de estradas autonómicas de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que tamén se están entregando refuxios aos concellos para que os sitúen onde consideren necesario para mellorar o servizo
 

17/10/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 6,2 M€ as obras de mellora do saneamento do núcleo urbano de Lalín, cun novo tanque de tormentas e a execución de colectores

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras no último trimestre do ano e telas rematadas a finais do 2023

17/10/22 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta somete a información pública o proxecto da torre polivalente do Novo CHUAC, que se comezará a construír o vindeiro ano cun orzamento de 35,9 M€

Os Orzamentos autonómicos para 2023 recollerán 28,5 M€ para iniciar obras, avanzar nas expropiacións e dotar de equipamento o Novo CHUAC

17/10/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta compromete 14M€ para a construción do novo instituto de Navia, cuxo proxecto licitará de inmediato en canto o concello asine a cesión dos terreos

Román Rodríguez asegura que esta é a obra educativa “máis ambiciosa” prevista para Galicia e que Vigo aglutina o maior investimento en infraestruturas escolares con máis de 27M€ en obras de mellora, ampliación ou rehabilitación

16/10/22 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao paso Meira, Ribeira de Piquín, Ourense ou Salvaterra de Miño

Realizaranse estas intervencións na estrada LU-751, nos municipios de Meira e Ribeira de Piquín; na OU-510, en Ourense; e na autovía AG-51, en Salvaterra de Miño
 

16/10/22 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade