Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

25/04/22 | 13:41

Centros escolares de Lugo e As Pontes acollen novas sesións de contacontos sobre galegas referentes

?      O CEIP de Casás de Lugo, e o CEIP Plurilingüe de A Magdalena de As Pontes, celebrarán mañá cadansúas sesións de contacontos ilustrados que versarán sobre as figuras da artista Maruxa Mallo e da oceanógrafa Ángeles Alvariño

25/04/22 | 09:57

Nove entidades sociais reciben 450.000 euros da Xunta para desenvolver programas para apoiar e favorecer a integración sociolaboral de 600 vítimas de trata

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para desenvolver intervencións integrais coas mulleres e nenas vítimas de trata e explotación sexual

22/04/22 | 11:46

A Xunta apoiará a 59 entidades de iniciativa social na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade cun orzamento de 1,4 millóns de euros

?      O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

21/04/22 | 15:05

A Xunta destaca os avances da igualdade na economía social onde as mulleres xa avantaxan aos homes na creación de novas cooperativas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron hoxe na xornada Mujeres de Cooperativas organizada por Cooperativas Agroalimentarias de España

20/04/22 | 19:18

Galicia defende a necesidade de aplicar coeficientes redutores para a xubilación das mulleres do mar e adecualos ás circunstancias actuais do sector

Este reaxuste viría compensar a dureza do día a día de mariscadoras e redeiras e eliminaría a diferenza que existe actualmente entre sectores do mar historicamente feminizados con respecto a aqueles nos que a maioría é masculina

19/04/22 | 18:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña o papel cada vez máis destacado da muller no transporte, un sector esencial para o funcionamento económico e social

Vázquez Mourelle pon de relevo o diálogo permanente e fluído que mantén a Xunta co sector, como quedou acreditado co paro da actividade do pasado mes de marzo e iniciativas como a mesa xeral de diálogo impulsada cos transportistas

18/04/22 | 13:32

A Xunta reforza o seu compromiso coas mulleres rurais de Ourense que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa directiva da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro)

18/04/22 | 12:30

O VIII Plan Estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes reforzará o papel da educación fronte á violencia de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na Coruña na entrega dos II Premios Valedora aos mellores traballos fin de Grao e fin de Mestría centrados nos dereitos das mulleres