Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

02/12/21 | 14:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta adquirirá ata 50 robots que realizarán as tarefas máis rutineiras da tramitación administrativa

Feijóo salienta que o emprego destas solucións non é unha novidade, xa que o Goberno galego é pioneiro na aplicación tanto de tecnoloxías de automatización robótica de procesos como de técnicas de recoñecemento óptico de caracteres

01/12/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asesora ás pemes da comarca de Chantada para que aproveiten as oportunidades que achega a innovación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nun encontro con empresariado local organizado no marco da iniciativa Camiño da Innovación, que busca dinamizar os negocios dos municipios rurais

01/12/21 | 10:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a unidade de acción fará da Cidade das TIC un revulsivo da economía galega

O Goberno galego, o Clúster TIC, a Deputación da Coruña, o Concello e a Universidade destinan 180.000 euros a sentar as bases deste proxecto a través do deseño da súa folla de ruta e o establecemento do cadro de mando

30/11/21 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Monforte de Lemos a importancia de xerar unha cultura innovadora nas pemes da Ribeira Sacra para aumentar a súa competitividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no concello lugués na parada que realizou a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

29/11/21 | 15:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que o Observatorio Astronómico Trevinca será un revulsivo para a comarca fomentando o turismo e a promoción dos recursos naturais e científicos

Afirma que a apertura destas instalacións dá un pulo á distinción outorgada ao municipio en 2015, designado o primeiro Destino Turístico Starlight de Galicia

29/11/21 | 13:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co Centro Nacional de Hidróxeno para elaborar o mapa desta enerxía en Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse esta mañá con representantes do organismo para avanzar na constitución desta ferramenta que axudará a consolidar á Comunidade como polo enerxético innovador

25/11/21 | 15:08 | A Presidencia da Xunta

A Xunta colaborará co Instituto Tecnolóxico de Galicia no desenvolvemento dun espazo de investigación na Cidade das TIC para o uso de drons en zonas urbanas

Feijóo salienta que o Goberno galego achegará algo máis da metade do investimento previsto, preto de 580.000 euros

20/11/21 | 11:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a disposición da Universidade de Vigo o laboratorio de Metroloxía para facilitar a formación práctica, sobre todo, do alumnado de enxeñaría aeroespacial de Ourense

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de asinar un acordo de colaboración coa Universidade para poñer en marcha un programa de prácticas académicas

18/11/21 | 20:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta na Coruña a importancia de impulsar fórmulas alternativas de financiamento para apoiar as empresas na súa recuperación e transformación

O director do Igape, Fernando Guldrís, e o director de XesGalicia, Rubén Aguión, participaron na Xornada ‘Financiación Alternativa’ no Club Nordés