Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/10/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para o desenvolvemento de clubs de lectura nos centros escolares, cun orzamento de 400.000€

Este programa, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, chegou o curso pasado a 346 centros e máis de 12.000 participantes
 

01/10/22 | 10:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia catro proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro nas residencias do Gaiás

Realizarán o seu traballo na Cidade da Cultura entre outubro e decembro cunha bolsa de 8.000 euros por proxecto ademais de espazos, recursos e equipos técnicos

30/09/22 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día internacional da tradución coa presentación da XI edición do encontro ‘Con barqueira e remador’ e a entrega do XX Premio Plácido Castro

Anxo M. Lorenzo e Yolanda Castaño expoñen o obradoiro de Tradución Poética, que se celebrará na Illa de San Simón entre o 24 e 29 de outubro

30/09/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia brinda unha ollada singular sobre a evolución do fenómeno Xacobeo nos últimos 70 anos a través dos seus documentos

A exposición ‘Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas’ abrangue desde a celebración máis espiritual de 1954 a un enfoque máis turístico e internacional ao longo do tempo

29/09/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O mundo do fútbol protagoniza a estrea da temporada do Centro Dramático Galego con Ainé

O conselleiro de Cultura asiste á primeira función da obra xunto a presidentes de varios clubes de fútbol galegos

29/09/22 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, que conta co apoio da Xunta


— O xurado recoñece a súa novela Os corpos de Romanov. Matthias Lentz, da que destaca a gran precisión de estilo

29/09/22 | 16:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subvenciona o Festival Internacional de Teatro de Ourense na celebración do seu 15º aniversario con 15 propostas en cartel

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación desta edición no Teatro Principal, que acollerá o groso da programación
 

29/09/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta comeza os trámites para a elaboración dunha lei pioneira en Europa que promoverá a inclusión e accesibilidade da cultura

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao inicio das actuacións administrativas da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia
 

29/09/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A terceira edición do encontro MUMI reúne 200 profesionais da industria musical en Tui e Valença coa colaboración da Xunta

O evento ábrese tamén ao público xeral cun concerto de benvida a cargo de Xosé Lois Romero & Aliboria e Omiri, así como con ‘showcases’ de bandas galegas e portuguesas, espectáculos de animación de rúa e o novo Festival Río Miño Tranfronteirizo