Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

16/06/22 | 20:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia é clave no impulso á internacionalización deste sector

O Goberno galego destacou a súa aposta pola revalorización da terra mediante ac-tuacións en ladeiras históricas e co impulso á calidade e á diferenciación das varie-dades autóctonas

15/06/22 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o informe sobre custos de produción no sector da carne a representantes da distribución

Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que está levando a cabo a Consellería cos diferentes axentes deste eido produtivo para que dispoñan de datos sobre a situación actual de venda a perdas

15/06/22 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta prosegue con Capsa Food a rolda de contactos co sector lácteo para facer balance das medidas implementadas ao abeiro da estratexia sectorial

José González destacou que o pasado mes de abril (último do que se teñen datos) o prezo do leite en Galicia superou por primeira vez os 40 céntimos por litro, cun incremento do 1,2% respecto ao mesmo mes do ano anterior e de ata un 2,8% en relación co mesmo período de 2020

14/06/22 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial turístico e económico da riqueza vitivinícola nas rutas xacobeas

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou na entrega de premios Gardiáns do viño no marco do Salón Profesional do Viño en Galicia Fevino 2022, desenvolvido en Santiago de Compostela co gallo do Xacobeo 21-22

14/06/22 | 15:19 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos gandeiros a aproveitar as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria para ampliar a base territorial das súas explotacións

José González destacou esta Lei de recuperación e a Estratexia de dinamización do sector como elementos de impulso deste eido produtivo estratéxico do rural galego

13/06/22 | 20:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o impulso ao desenvolvemento rural do Programa Leader que mobilizou máis de 930 M€ no agro galego nos últimos 30 anos

Nas tres últimas décadas, o programa Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos

09/06/22 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Xunta valora e recoñece o labor dos catadores das catas de viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2022

O conselleiro do Medio Rural, José González, entregou diplomas a unha vintena de catadores encargados de probar e cualificar máis de 400 mostras de viños, augardentes e licores de herbas e café

09/06/22 | 16:03

Pementos Carmucha recibe o certificado Galicia Calidade para os seus pementos de Herbón

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, foron os encargados de entregar este recoñecemento

08/06/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola internacionalización dos viños e augardentes galegos apoiando a súa presenza en feiras como a London Wine Fair

José Gonzalez reafirmou o compromiso do Goberno galego con este eido, a través de iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia ou a futura Lei da calidade alimentaria, entre outras